Lugo, 15 febreiro de 2020. A Voceira de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso, Ana Prieto compareceu hoxe antes os medios para dar conta da aprobación da tramitación da Lei da eutanasia no Congreso dos Deputados esta mesma semana. “Como profesional sanitaria son consciente da relevancia deste proxecto lexislativo que conta co consenso da sociedade española (máis do 70% dos españois segundo os CIS), e dos profesionais sanitarios. Por iso é necesario sinalar que esta normativa por riba de todo defenderá o dereito a decidir sobre a propia morte”, explicou.
Na roda de prensa, celebrada na sede lucense, estivo acompañada da Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE, Patricia Otero, o Deputado Autonómico, Luís Álvarez, o Deputado no Congreso, Javier Cerqueiro, o Secretario de Organización, Juan Valiño e a Secretaria de Sanidade da Executiva Lucense, Carmen Gómez Soengas, que coincidiron en remarcar a importancia da aprobación desta iniciativa. “É unha lei necesaria e esperada por moitos afectados, e que a partir de agora incorporarase á carteira común de servizos do sistema nacional de saúde”.
Patricia Otero lembrou que “o PP de Galicia mantén unha liña completamente similar ao PP no Congreso, como xa puidemos comprobar no debate do Parlamento Galego ante unha iniciativa sobre impulso que o Goberno da Xunta debera dar á normativa que emane do Estado, confundindo a ampliación de dereitos cos coidados paliativos”, dixo.
Ana Prieto remarcou que “defendemos esta Lei sobre desde o respecto á dignidade, á liberdade e á autonomía da vontade desas persoas cuxa única perspectiva actual é sufrir e desexan poñer fin o seu sufrimento. E sobre todo defendemos a posibilidade de que cada persoa poida tomar unha decisión sobre a súa propia vida nesta situación”, avanzou a Deputada.
PSOE é pioneiro na defensa dos dereitos sociais e das liberdades
A voceira sinalou que “coa aprobación desta normativa ábrese un novo espazo para solucionar problemas e sufrimento reais, de persoas reais, que sofren xunto ás súas familias situacións insoportables. Unha vez máis o PSOE é pioneiro na defensa dos dereitos sociais e das liberdades”.
Criticas do PP
Así as cousas Prieto criticou as nefastas declaracións do PP sobre este asunto. “Está completamente fóra de lugar opoñerse a esta lei, argumentando aforros aos sistema sanitario. Unha vez máis o PP oponse a que os pacientes e as súas familias poidan adquirir novos dereitos, un feito que reflicte moi pouco respecto pola cidadanía en xeral e polos profesionais sanitarios.”.
A dor e o sufrimento non teñen ideoloxía
A voceira afirmou “a dor e o sufrimento non teñen ideoloxía, aféctanos a todos. Por iso coa aprobación desta lei amosamos o compromiso do PSOE coas persoas que desexan poñer fin ao seu sufrimento con liberdade, autonomía, preservando sempre a súa integridade e dignidade de todos os afectados. Por riba de todo defendemos a vida, pero non a obriga de vivir cando erosiona a integridade física e moral, a xuízo da persoa que sofre”, insistiu.
Procedemento
Garantías xurídicas e sanitarias suficientes tanto para a persoa que solicita, como para os profesionais sanitarios implicados. Esíxese que;
-Que estea causado por situacións determinadas: sufrir unha enfermidade crónica, grave ou invalídante e sufrimento físico ou psíquico intolerable
-Maioría de idade e plena capacidade de obrar para solicitar a axuda para morrer. Xa que logo, non inclúe menores, nin persoas sen capacidade de decisión.
-A solicitude de axuda para morrer debe ser rexistrada en dúas ocasións, con polo menos 15 días de intervalo entre ambas. Non permite solicitude por outra persoa.
-Revogabilidade en calquera momento.
-Esixencia de testemuña (profesional sanitario)
-A existencia dunha Comisión de Control e Avaliación pluridisciplinar autonómica que controlará todo o proceso.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



