Viveiro, 18 de febreiro de 2020. As infraestruturas en mal estado son unha garantía de molestias e perigos para os cidadáns. E son unha manifestación clara da falta de interese dos gobernos por facer a vida dos cidadáns máis segura e máis cómoda. Unha comunidade con infraestruturas en mal estado é una comunidade chamada a perder poboación, prestixio e peso. Pois o goberno municipal de Viveiro, en opinión dos concelleiros do Partido Popular, somete aos veciños de Celeiro á situacións de incomodidade, risco e feísmo urbanístico inxustificables e só explicables pola desidia da alcaldesa María Loureiro (PSOE) e o seu equipo á hora de atender as súas obrigas como xestores.
En Celeiro hai moitas deficiencias urbanas, como comprobaron os concelleiros populares, e todas elas sairán á luz da man do grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez. E para empezar centran as súas críticas no estado en que se atopa a celeirense Rúa da Cachocha, que é una longa escaleira que une O Celeiriño coa zona do porto, co paseo marítimo. Os chanzos están desgastados, fendidos, desaxustados e irregulares, de modo que pisar neles constitúe un verdadeiro risco, un perigo de caída. É necesario, din os concelleiros populares, que o goberno municipal saía da zona de confort na que está instalado, visite Celeiro e tome as medidas adecuadas para corrixir as deficiencias que, a pouco que mire, verá. Para comezar, os edís populares recomendan a Loureiro que poñan man á obra nestas escaleiras, nesta rúa da Cachocha, antes de que ocorra un accidente. Os populares din que reparar esta rúa supón moi poucos cartos; polo tanto, se está no estado no que está é debido unicamente á falta de vontade política do goberno municipal para solucionar o problema.
Por certo, vendo estas escaleiras da Rúa da Cachocha os populares teñen claro que nin María Loureiro nin os membros do seu equipo teñen intención algunha de adoptar medidas para a eliminación de barreiras arquitectónicas, unha tarefa na que está case todo por facer en Celeiro.
Óscar Rodríguez sinala: “O que se está facendo cunha parroquia chea de atractivos como é a de Celeiro é totalmente inxustificable e inexplicable. O goberno municipal, ao non facer nada en Celeiro, pero nada de nada, o que consigue é facerlle a vida imposible á xente e que esta marche para outros sitios, de maneira que Celeiro estase despoboando. Isto é inadmisible”. Rodríguez insta a Loureiro a adoptar as medidas precisas para corrixir as deficiencias das infraestruturas en Celeiro, empezando pola Rúa da Cachocha, porque o seu mal estado constitúe un serio perigo para as persoas que transitan por ela. Espera que, a diferenza da pasividade demostrada noutros problemas postos de manifesto polos concelleiros do PP, no caso de Celeiro os membros do goberno municipal si fagan algo que xustifique o seu paso polo Concello; iso, de momento, entra no terreo do improbable, como ben saben xa os veciños de Celeiro, pero o PP presionará para que o Concello repare a Rúa da Cachocha.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



