Foz, 19 de febreiro de 2020. A Concellería de Medio Rural considera que a compostaxe é parte da solución para contribuir a reducción da pegada medioambiental e para mellorar o noso entorno, o noso Concello e o noso Planeta, e está a ser xa un dos eixos de funcionamento da Concellería.
Prodúcense centos de kilos de materia orgánica en cada casa nun ano, e coa compostaxe evitamos que pasen ao camión do lixo; non van ir en tren ou camión a Sogama, non se van incinerar. Polo tanto eses residuos non van producir contaminación no país e vanse aproveitar para xerar enriquecemento do solo dentro da propia vivenda, en suma estamos falando so de ventaxas, ista é a filosofía esencial da compostaxe doméstica. É un proceso limpo, ecolóxico, que non produce cheiros, para isto o máis recomendable é dispor dun colector específico para a compostaxe. Non se necesitará facer gasto en mantemento, pois non require de ningún tipo de mecanismo.
Nos vindeiros días o Concello de Foz entregará aos veciños e veciñas anotados, composteiros individuais fáciles de instalar no exterior das vivendas ou nas eiras anexas. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que veñen acompañados dun pequeno manual de instrucións de como realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto.
Iníciase a continuación e até o día 13 de marzo na Oficina de Medio Ambiente do Concello, a anotación de novas persoas interesadas para outra futura nova entrega. Próximamente realizaranse novas accións neste eido medioambiental.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



