Tentar informarse de xeito diversificado nestos tempos é unha carreira de fondo na que se remata extenuado. A procura de información -da que hai inflación- vese torpedeada pola necesidade de testar a súa validez -da que hai dúbidas crecentes-.
A realidade sempre foi unha fábrica de información para as persoas. A fábrica. Con máis ou menos interpretación, e transmisión e recepción da visión interpretada. Mais ‘a fábrica’ vese na actualidade na necesidade de competir cos ‘obradoiros’. Obradoiros de produción de sucedáneos de información vendidos como se de información se tratase.
O fin dun ‘obradoiro de información’ non é subministrar información. Nin aínda desinformar. Desinformar é só unha técnica para lograr o fin: o poder. Do tipo que sexa, pero do xeito máis inmediato e duradeiro posible. Como sexa. Sen importar a xente sobre a que se teña -pretenda ter- o poder. Con ilo, tamén se despreza o traballo asociado ó poder: quérese poder. Limpo de cargas. Para usalo. Para desfrutalo en exclusiva. Para exercelo e facelo sentir. Non para administralo e con el mellorar a vida dun pobo, senón para dirixilo ó antollo en función de fins alleos a el.
Desinformación… Para preparar un salteado, sazonar erros con medias verdades con mentiras, axitar, botarlle un pouco ou un moito de refrito de sentimentos a gusto, para que pique máis, e servir no momento oportuno, coa temperatura ambiente adecuada e os acompañamentos, bebidas alcohólicas, postres doces… do mesmo estilo, para que a comida quede completa. Repetir o servizo cantas veces faga falta variando un pouco a receita e/ou os ingredientes, ata que o comensal afaga o seu gusto e non atope sabor fóra de aí. Entón, con suavidade, xa se poderá chamalo a comer a merda onde e cando diga o cociñeiro. Convén nos primeiros tempos pasar algunha enquisa de satisfación de cento en vento, digamos, de catro en catro anos, para certificar -ante o resto de xente non afeita aínda- que a receita está de rechupete. Como significa esa palabra, de re-chupete, de re-volta á infantilización máis primaria. De premio, non leva traballo exercer o poder sobre un neno dun ano. Só o levaría o coidalo. Pero, se desinformas a conciencia, vas a coidar a conciencia?
Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo, nin a responsabilidade, nin, moito menos, compartilo.
Engadido:
Vivimos nun mundo no que a tecnoloxía está a desenvolverse cada vez máis. Nun mundo tecnolóxico. A tecnoloxía pode liberar, pode facer á súa vez que desenvolvamos a nosa humanidade, o noso ser persoas. Pero é neutra. Non é un ben absoluto. É un instrumento. E, en relación a este tema, o poder de confundir e conformar á xente a través dos medios vai en aumento a medida que a tecnoloxía se fai máis sofisticada. É dicir, a medida de que é máis capaz de substituír as cousas naturais como por arte de maxia, sen sospeita.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



