Na Mariña temos a sorte de vivir nun lugar privilexiado, mestura de costa, terras de interior e montaña, ao acougo da serra do Xistral, que fan que a nosa comarca teña un amplo abano de posibilidades para gañar a vida ao mesmo tempo que gozamos dunha sociedade ben equilibrada e cun notable grao de benestar. Tiven a sorte de ser alcalde de Foz, no centro desta comarca, o que me deu durante varios anos a posibilidade de recoller de primeira man testemuñas e sentimentos de milleiros de persoas, moitas delas cidadáns doutros lugares que aman a Mariña como nós mesmos.
Unha das mellores experiencias foi poder apreciar dende a ilusión e inocencia dos rapaces máis mozos ata a sabedoría e a temperanza dos máis maiores, algúns deles centenarios, cos que compartín veladas inesquecibles. A conclusión que saco destes anos é que esta é unha sociedade forte, onde vive xente loitadora, optimista e alegre, acostumada a saír adiante a pesares dos múltiples problemas que nos sobreviñeron na nosa historia. Grandes temporais e galernas, a difícil posguerra, ciclos económicos en decadencia como os sufridos en sectores como a conserva, estaleiros, a minería e mesmo crises importantes no sector primario ou, máis recentemente, na construción.
Somos unha sociedade que sobreviviu, fortalecida, a epidemias e enfermidades similares á que nos está afectando no día de hoxe. Pero de todas se foi saíndo e remontando con traballo, tesón e boa vontade. Estamos nun momento convulso e con incertezas, que coincidirá cos meses do ano da primavera e o verán que teñen acostumados a esta comarca a empuxar e tirar da economía; meses produtivos e de alta ocupación que sen dúbida este ano van estar marcados pola crise do coronavirus. Súmase a isto a falta de competitividade de Alcoa, que non está a vivir o seu mellor momento; ás idas e vidas do sector primario, tanto na pesca como na gandería; a construción, moi afectada aínda pola crise do 2008, e o comercio sumido na loita contra o mercado dixital que o está asoballando.
Con estes datos, un meteorólogo diría que se aproxima unha borrasca potente, con varias frontes que van azoutar á Mariña. Pero aquí, como diciamos antes, sempre soubemos repoñernos, capear o temporal e prepararnos para afrontar a realidade con humildade, traballo e altas doses de creatividade. Sairemos a diante e seguiremos sendo unha comarca punteira da provincia, unha comarca chea de grandes empresarios, excelentes traballadores, repleta de persoas cualificadas e ben preparadas, que, con algo que se lles axude, poderán tirar do carro desta frutífera terra lucense. Moito ánimo a todos, paciencia e forza para afrontar este temporal, todos remaremos xuntos e chegaremos a bo porto.
Javier J. Castiñeira
Portavoz do grupo do Partido Popular na Deputación



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



