Barreiros, 06 de maio de 2020. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha carta ao sector da hostaleira para trasladarlles a decisión do goberno municipal de facilitar, na medida das posibilidades da administración local, a colocación de terrazas en terreo privado ou municipal para poder cumprir co decretado polas autoridades sanitarias e permitir a apertura, aínda que parcial, dos establecementos. Neste sentido, explica que “desde o goberno municipal permitiremos, previa solicitude, a utilización de espazo público local anexo aos locais de hostaleira para o seu uso privativo, sempre que poida garantirse o tránsito de peóns e as condicións de limpeza e salubridade, para dotar de maior espazo aos locais nas súas terrazas. Igualmente, aquelas terrazas que se instalen en terreos privados non se verán sometidas ao trámite municipal de comunicación previa de instalacións preceptivo para este tipo de actividade. Simplemente se requirirá por parte dos establecementos que queiran dotar as súas instalacións de espazo de terraza unha comunicación aos efectos de poder realizar o control de distancias e/ou outras medidas sanitarias que poidan dictarse polas autoridades competentes. En aras de facilitar estas medidas, calquera dos procedementos (solicitude de utilización de terreo público ou instalación en terreo privado) estará exento do pago de ningunha taxa municipal. ”
Na mesma misiva, que se fai pública para o coñecemento da totalidade do sector, tamén lles traslada que o goberno local “traballa no deseño de medidas a adoptar por parte da entidade local que poidan contribuír a paliar os efectos das crises derivadas do COVID-19 na súa poboación e, polo tanto, tamén no seu tecido económico.”
Neste sentido, convida ao sector a participar nun encontro virtual que se celebrará o vindeiro sábado ás 11 da mañá, xa que previsiblemente ao longo desta semana se concretarán medidas para o sector. A tal fin, as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao correo alcaldia@concellodebarreiros.com para anotarse en dito encontro.
Nesta xuntanza telemática analizarán a situación do sector e as posibles medidas ou actuacións que se poidan realizar desde ou en colaboración coa administración local para o futuro máis inmediato.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



