Compostela, 21 de maio de 2020. Galicia en Común-Anova Mareas denuncia novamente o uso partidista que o Partido Popular de Núñez Feijóo leva facendo máis dunha década da CRTVG e que, segundo a denuncia do propio persoal, se intensificou durante a cobertura da pandemia por coronavirus.
Son frecuentes as ocasións nas que o persoal da CRTVG denuncia a manipulación informativa á que se ven sometidos diariamente nos servizos informativos e sinalan como baixo as presións do entorno do presidente Feijóo se prioriza “antepoñer os intereses do Partido Popular ao dereito da cidadanía de acceder a unha información veraz”.
Galicia en Común-Anova Mareas volve amosar publicamente o seu apoio aos traballadores e traballadoras da CRTVG, que denuncian “as estratexias de manipulación informativa” ou o “secuestro dos medios públicos galegos”.
“A radio e a televisión pública de Galicia pertence a todos e todas as galegas e debe garantir o pluralismo político, por iso non se entende que o señor Feijóo teña comparecido máis de 27 horas en horarios de máxima audiencia mentres silencia a oposición”, sinalou o candidato e portavoz de GeC-AM. “Basta xa de empregar a CRTVG como un medio de propaganda do Partido Popular”.
“O señor Feijóo e o Partido Popular preséntanse ás eleccións coas cartas marcadas”, indicou Gómez Reino. “Estamos a ver como usan a cobertura da pandemia da Covid19 para facer a precampaña das autonómicas e emendar ao goberno central. Tamén vemos como Feijóo utiliza o seu posto de presidente de todos os galegos e galegas no seu propio beneficio e como ferramenta propagandística do Partido Popular, ao tempo que propón limitar a unha semana a campaña para o resto de formacións políticas”, denunciou Gómez Reino.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



