Santiago de Compostela, 26 de maio 2020. O BNG exixe a retirada inmediata do “Programa de transformación á docencia innovadora no Sistema Universitario Galego”, documento elaborado por unha consultora privada e FEUGA para a Consellaría de Educación. A xuízo da deputada e portavoz de Educación do BNG, Olalla Rodil a propostas representa o “intento claro de desmantelamento da universidade pública aproveitando a dramática situación pola que está a pasar a sociedade galega e, nomeadamente, a comunidade universitaria do noso país”.
Para Rodil, o Partido popular, de maneira “groseira e pola porta de atrás” pretende afondar no modelo educativo neoliberal cunha proposta revestida de innovación. O Partido Popular critica a deputada, xa “abriu a porta á universidade privada en Galiza e agora tenta desmantelar a pública”.
Desde o BNG, recalca a nacionalista, “non consentiremos ningún programa nin medida que prexudique o Sistema Universitario de Galiza” e seguiremos defendendo e reclamando o dereito das e dos estudantes, presentes e futuros, a recibir “un ensino presencial e de alta calidade”.
Para o BNG o urxente e prioritario neste momento é dotar o ensino universitario público de Galiza dos recursos necesarios para adoptar as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e protocolos que deberán implantar as universidades e facultades no vindeiro curso 2020/2021 e reverter a política de “recortes e asfixia económica” que o PP aplicou nos últimos anos desde a Xunta de Galiza.
A crise sanitaria e económica provocada pola COVID-19 demostrou que os servizos públicos son fundamentais e máis necesarios que nunca para garantir os dereitos da cidadanía, especialmente das familias traballadoras, polo que volveu a reclamar a retirada do programa que conduce ao desmantelamento da universidade pública.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



