Lugo, 26 de maio de 2020. O goberno provincial, formado por socialistas e nacionalistas, votaron en contra da moción presentada polo Partido Popular en defensa da competitividade de Alcoa-San Cibrao e do futuro dos seus traballadores. Chama a atención a postura dos dous grupos da esquerda tendo en conta a exposición que fixeron durante a sesión plenaria onde, pouco menos, suxire Castiñeira, que se abanderaron de liderar a solución da factoría. Pola contra, os populares si que demostraron estar ao carón dos traballadores e do mantemento da produción industrial da factoría, votando a favor das iniciativas presentadas polo PSOE e o BNG respecto deste asunto.
Esta postura inexplicable e inxustificable do equipo de goberno prodúcese, ademais, no día no que a multinacional vén de convocar para este xoves aos axentes sindicais para trasladarlles a medidas laborais que prevé levar a cabo nos próximo días; cuestión que, en palabras de Castiñeira, “aínda resulta máis preocupante”. É por este motivo polo que o voceiro do PP sinalou que se Alcoa chega a esta situación é pola irresponsabilidade dos socialistas.
Tal é así que, durante a súa intervención, o voceiro do PP, deixou claro que a solución pasa única e exclusivamente por aprobar un estatuto que recolla as alegacións presentadas ao mesmo e que si dan resposta ás demandas dos axentes sindicais e dos traballadores. “É unha mala noticia a que coñecemos hoxe, polo que quizais o que debatamos hoxe non solucione nada para os próximos días”. E é que, apuntou o voceiro, “segue o Goberno sen o estatuto electrointensivo coas alegacións”; unha inacción que tamén se reproduce na Deputación de Lugo, que, dixo, “non fixo nada porque parece que non lle interesa o tecido empresarial, a pesares de que lle ofrecemos que chamase ás empresas para saber a problemática dos sectores”.
“Non quixeron montar a mesa que pedimos, a sabendas de que están dando mal os números da fábrica e o covid está mermando o consumo interno e rebaixando a produción”. Isto é o que levou ao popular a concluír que “Tome descoñece o que representa Alcoa para a provincia”. “Se non aprobamos o estatuto que, por certo, non figura na súa moción, as consecuencias para os traballadores e as familias van a ser tráxicas”. Unha situación, explicou, que se agravará, aínda máis, coa aprobación por parte do Goberno da lei do cambio climático que, prexudica, dixo Castiñeira, “a Alcoa e que acabará con As Pontes”.
“O presidente que menos fixo por Alcoa”
“Non fixeron nada e iso sábeno. Agora queren xustificar algo e por iso traen esta moción. Vostede pasará á historia como o presidente que menos fixo por Alcoa nos momentos que o necesitaba”, sentenciou Castiñeira, quen lle pediu a titular provincial que “escoiten aos representantes sindicais e aos traballadores porque o estatuto, tal e como o presentaron non vale absolutamente para nada. Non se ciñan só ao problema das auxiliares ou das ETTs porque a cuestión é moitísimo maior”, sinalou.
Traballo do PP
Vendo a desidia do goberno provincial, o Grupo do PP, que dirixe Castiñeira, púxose en contacto en varias ocasións co comité e comprometeuse a traballar para que as administracións competentes na materia, isto é o Executivo de Sánchez, garantise a viabilidade da fabrica mariñá. A este traballo hai que engadir, explicou, o esforzo do presidente Feijóo e do conselleiro de Industria. Foi, precisamente, este último o que anunciou que o Goberno de Galicia está disposto á modernización de infraestruturas; un compromiso que pouco servirá se dende o Estado non se asume a competencia de aprobar un documento que garanta un prezo competitivo para as electrointensivas, sinalou o voceiro popular.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



