Lugo, 26 de maio de 2020. O goberno da Deputación, é dicir, PSOE e BNG, opuxéronse á iniciativa do Partido Popular de deseñar un Plan Poscovid con medidas concretas para reactivar o tecido socioeconómico da provincia. Este foi o resultado da súa votación a unha proposta que, tal e como explicou o voceiro do PP, Javier Castiñeira, consistía en que o organismo provincial destinase 8 millóns de euros dos remanentes a este Plan. Destes, a metade serían para axudas directas ao tecido produtivo e o resto para a contratación de obra pública.
Castiñeira expuxo que a única estratexia do goberno provincial “é a de chegar tarde” e iso que dende o seu Grupo se ofreceron en varias ocasións para sentarse e traballar conxuntamente na desescalada, pero os populares obtiveron sempre a negativa dos dirixentes de San Marcos. É por este motivo polo que dende o PP se viron na obriga de solicitar un Pleno Extraordinario para que o executivo atendese a súa petición. Finalmente, este celebrouse a última hora deste martes, a pesares de que, tal e como dixo o voceiro popular, se podía buscar unha hora máis axeitada porque o tema o requiría debido á situación que atravesa o país.
Javier Castiñeira criticou así “non só a tardanza”, senón tamén “a estratexia de intentar silenciar á oposición; algo que non entendemos, dixo, porque o noso ofrecemento sempre foi colaborar”. “Tivemos que pedir un pleno extraordinario para poder falar; ofrecémonos a traballar como tamén o fixeron outras Deputación; pedimos que se montase unha comisión… e vostede –en alusión ao presidente- rexeitounas. Nestes 65 días nunca nos xuntamos, algo que parece inaceptable nesta situación”, advertiu.
“Chegar tarde a todo”, única xestión da Deputación
O popular insistiu en que “a xestión da Deputación é a de chegar tarde a todo”. “O primeiro material que mercaron foi un mes despois de decretar o estado de alarma. Solicitámoslle o consorcio para desinfectar e tardou en mandalos. Pedímoslle que falase co tecido empresarial e dende logo se negou rotundamente tamén por vía telemática… A xestión foi tan nefasta que está baseada en plans que xa existen como son o Plan Único ou as subvencións que xa están feitas”.
“Hai moi pouca vontade por parte deste goberno. A nosa vocación é a de colaborar. Por iso levamos 75 días, e dígoo con todo o respecto, pedindo que se nos escoite; que se monte unha comisión que vele polo funcionamento das medidas que se poidan establecer; que se poñan en marcha axudas para os empresarios que o están pasando mal e reactivar o tecido empresarial….Sen embargo, vostedes priorizan outras inversións”, remarcou.
A renglón seguido tamén lembrou Castiñeira que “sobre os 700.000 euros de suplemento dixo que non se podía por aspectos técnicos. O único que gastaron foron 250.000 euros para a compra de máscaras”, sentenciou.




















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



