Ribadeo, 9 de xuño de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, fai unha valoración positiva das bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas, así como o paseo que vai desde o faro da Illa Pancha ata As Aceas. O edil asegura que haberá outros requisitos a maiores que cumprir, debido ao Covid-19. Ribadeo está pendente de coñecer cantos socorristas lle subvencionará a Xunta para planificar o vindeiro verán.
Jorge Díaz declarou que “desde o Concello valoramos positivamente recibir estas bandeiras azuis. Tamén queremos facer un pequeno recordatorio ao Club Náutico de Ribadeo, porque é de valorar o grande esforzo que fai”.
Para o concelleiro de Medio Ambiente “este ano é ano especial. Xa sabemos o que son as bandeiras azuis que levan unhas normas e requisitos diferentes a outro tipo de galardóns. Este ano vai ser unha cousa extraordinaria debido ao tema sanitario que estamos a vivir. Isto vai supoñer un sobre custo para todos eses sitios que teñen as bandeiras azuis, neste caso tamén para Ribadeo Ribadeo”.
O edil ribadense subliñou que “estamos contentos por recibir estas bandeiras azuis e a ver como imos afrontando todas estas normas extraordinarias que imos ter. Valoramos positivamente ter recibido estes galardóns”. O Concello está pendente de coñecer cantos socorristas lle subvencionará a Xunta de Galicia para planificar a tempada de verán deste 2020.
