BURELA (FNC) .- O vindeiro domingo 2 de maio terá lugar a décimo sexta edición do día do xubilado que organiza o Concello de Burela. A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, asegura que “o que pretendemos é agasallar aos nosos maiores nun día de confraternidade, música, comida e baile. Case 700 persoas, e algunha ainda se está apuntando, participarán este ano nunha xornada que comezará ás 12 coa recepción de todos os asistentes no auditorio da Casa da Cultura, a continuación e alí mesmo disfrutaremos da actuación musical do grupo Escolma de Meus de Viveiro e despois a partires das 13:30 horas no pavillón dos institutos de Burela compartiremos todos xuntos o xantar”.
A edil nacionalista engade que “despois de ben comer agasallaremos a todos os participantes cun detalle elaborado pola Fundación Eu Son de Burela e sortearemos dúas viaxes para dúas persoas entre todos os asistentes. Xa para rematar o día haberá alí mesmo baile para todas aquelas persoas que ainda se atopen con forzas para rematar ese día tan intenso”.
Neves Cando agradece “a colaboración da Fundación Eu Son, da Cruz Vermella de Burela, de Protección Civil e de todo o persoal municipal que un ano máis se volcou na organización e desenvolvemento deste dezaséis día do xubilado en Burela”.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



