RIBADEO .- A CIG convoca para o Primeiro de Maio, “Día do Internacionalismo Proletario” manifestacións en todas as comarcas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”. A manifestación na Mariña terá lugar en Ribadeo, o sábado 1 de maio ás 12:30, saíndo do local sindical sito na Avenida de Galiza, nº20.
Nota de Prensa
MANIFESTACIÓN DA CIG EN RIBADEO ESTE PRIMEIRO DE MAIO
Baixo os lemas “ Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”a CIG convocará para o Primeiro de Maio, ‘Día do Internacionalismo Proletario’ manifestacións en todas as comarcas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”. A manifestación na Mariña terá lugar en Ribadeo, o sábado 1 de maio ás 12:30, saíndo do local sindical sito na Avenida de Galiza, nº20.
O secretario da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro, explicou na presentación da campaña do Primeiro de Maio, que a central sindical entende que os dous grandes problemas que ten a clase traballadora, como consecuencia da crise económica, son o emprego e os salarios. O emprego, pola grave perda de postos de traballo que se vén producindo neste último período e os salarios, porque é imprescindíbel recuperar o poder adquisitivo da clase traballadora para aumentar a capacidade de consumo e reactivar a economía.
Así, lamentou que lonxe de aplicar medidas dirixidas a solucionar estes problemas “as outras organizacións sindicais dedícanse a fomentar a idea de que a través do Pacto Social e desas Mesas de Diálogo Social que teñen constituídas en Madrid se poden articular alternativas á crise, no canto de combater as causas que a provocaron”. E denunciou a idea “profundamente equivocada” que se está transmitindo, ao facerlle crer á poboación que a solución para saír da crise está no mercado laboral e na reforma dese mercado, “cando non foi nin a súa rixidez nin os altos salarios os que a provocaron, senón a economía especulativa e mesmo a política de moderación salarial que se seguiu nos últimos anos, que provocou unha caída do consumo ou en moitos casos o endebedamento masivo da poboación para poder consumir”.
O déficit público que o pague o capital
Respecto do déficit, Xorxe Caldeiro afirmou que, efectivamente, a recesión económica está a xerar un déficit público importante. Malia isto, especificou que a CIG entende que “non é o déficit público quen nos levou á recesión”. Por iso a central sindical aposta por combater as súas causas e, en ningún caso reducir o gasto social, como están facendo os distintos gobernos. “Cremos que hai que incrementar o gasto público para reactivar a economía e que para combater o déficit público hai que pór en marcha unha reforma fiscal, incrementando os impostos directos sobre as rendas do capital e sobre as grandes fortunas. Sobre aqueles que teñen recursos que poden aportar ao estado para que este os utilice para fomentar a economía produtiva fronte á especulativa que foi a que se fomentou até o de agora”.
O secretario da CIG da Mariña fixo unha análise das alternativas que se están a barallar para saír da crise. Alternativas que confirman “a compoñente de clase deste sistema porque van dirixidas a recortar de novo dereitos, a precarizar as condicións laborais… a prexudicar unha vez máis á clase traballadora e non precisamente a buscar saídas á crise que eviten que se vaia reproducir ou que dure moito tempo, ou que axuden a saír canto antes da mesma”. Medidas das que salientou que manteñen intacto o actual modelo “orientado cara unha economía altamente especulativa que o que fixo foi favorecer precisamente os intereses dunha minoría: da oligarquía financeira, dos especuladores, fronte os intereses da maioría social”.
Lembrou tamén que fronte estas medidas a CIG aposta por controlar o sector financeiro, potenciar a economía produtiva fronte a especulativa, eliminar os paraísos fiscais ou pola creación dunha banca pública para garantir que os recursos cheguen ás familias ou ás empresas necesitadas.
O secretario da CIG da Mariña lamentou que nin o goberno galego nin o goberno central estean dispostos a atender a estas propostas que se veñen facendo desde o campo sindical ao ámbito político e a aquelas institucións que tiñan que poñelas en práctica. “Ante iso só nos queda unha solución que é o traballo de concienciación social e a mobilización, para obrigar aos gobernos a que fagan políticas de carácter estrutural, e poñan en marcha reformas profundas que nos leven a un modelo de organización social e económico moito máis xusto, solidario e democrático que o modelo actual”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



