RIBADEO (FNC) .- Rematou tras varias horas de traballo unha nova xuntanza da comisión municipal de urbanismo á que asistiron o alcalde, Fernando Suárez, técnicos de Eptisa (a empresa redactora do PXOM), técnicos municipais e representantes dos grupos políticos da Corporación de Ribadeo. O rexedor destacou “o clima de diálogo e de implicación por parte dos partidos” e sinalou que “tanto os técnicos coma min estivemos a informar do traballo que realizamos durante estes meses diante da Dirección Xeral de Patrimonio coa intención de tornar en positivo aquel informe negativo emitido hai algún tempo. Creo que hai avances importantes que nos fan pensar en que en breve poderiamos contar co visto bó de Patrimonio”.
Suárez Barcia explicou que “no encontro de hoxe lles demos conta das xestións, negociacións e resultados de varias cuestións que me encargaran os diferentes grupos políticos sobre determinados ámbitos urbanos que requerían unha análise ao detalle”. E seguiu a relatar que “tamén estivemos a analizar cuestións técnicas sobre o Plan de Ordenación de Litoral e antes de que remate o prazo de presentación de alegacións os técnicos terán lista unha proposta final para aprobala e envíala a Medio Ambiente”.
O alcalde considera “importante a xornada de hoxe xa que retomamos as xuntanzas da comisión municipal de urbanismo despois de meses de intenso traballo para realizar as encomendas que nos propuxeron os diferentes partidos políticos”. Suárez Barcia dixo que “non quero adiantar acontecementos nin poñer na miña boca palabras dos outros grupos, pero todo fai pensar que a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal pode ser unha realidade. Non quero botar campás a ovó, pero entendo que estamos na boa liña, vexo boa disposición por parte de todos”.
O rexedor asegurou que “nesta xornada me ordenaron unha serie de tarefas relativas a cuestións urbanísticas que os técnicos e máis eu xestionaremos con todo o gusto e con premura”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



