Ribadeo, 19 de xuño de 2020. A Concellaría de Medio Ambiente anuncia que desde mañá estarán abertos cinco parques de xogos infantís da vila. Son os de San Francisco, o de San Miguel, o do Cargadoiro, o da Escola de Idiomas e o de Pintor Fierros. En todos haberá hidroxeles para a desinfección de mans e carteis explicativos coas recomendacións que se deben ter en conta. O Concello irá procedendo á apertura paulatina do resto de parques que hai en Ribadeo.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, contou que “o Concello de Ribadeo vai empezar paulatinamente a abrir os parques de xogo para os nenos e nenas da vila, esta fin de semana, a partir de mañá, sábado”.
O edil explicou que “imos empezar polo da rúa San Francisco, que é o de máis afluencia, despois o parque de San Miguel, o do Cargadeiro, o da Escola de Idiomas e máis o de Pintor Fierros. Son os cinco que de momento imos ir abrindo paulatinamente”.
Díaz Freije engadiu que “todo isto conleva unhas medidas de seguridade diferentes, unhas recomendacións de distanciamento, que habitualmente xa estamos a facer co Covid-19. É a nova normalidade a que nos marca estas medidas de prevención. Será necesario o uso de mascarilla cando non se poida manter a distancia social, haberá que respectar o aforo permitido e ter moi presente a hixiene de mans. Cada parque vai contar con dispensador de hidroxel”.
O concelleiro de Medio Ambiente fixo unha chamada á responsabilidade “de cada un e de cada unha porque somos responsables de nós e somos os primeiros que temos que ter seguridade cara ao outro”.
Jorge Díaz sinalou que “iremos abrindo paulatinamente todos os parques coas medidas que nos aconsella Sanidade. Pedimos prudencia, seguridade, manter esa distancia e que os pequenos e pequenas xoguen, pero seguros”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



