Ribadeo, 26 de xuño de 2020. Deron comezo as obras para mellorar a presión da auga na zona da Devesa. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que son uns traballos moi necesarios . O investimento ascende a uns 100.000 euros.
O rexedor explicou que “se trata de dar conta que nestes días se están executando unhas obras, moi necesarias, en canto a subministro de auga na zona da Devesa, nun entorno onde na época estival nestes últimos anos producíronse cortes repentinos de auga tamén por falta de presión”.
Suárez Barcia dixo que “agora, para resolver esta situación definitivamente, dentro das medidas de colaboración recollidas no contrato de concesión coa empresa Viaqua, vendo evidentemente estas deficiencias que temos nesta zona, acordamos ampliar cunha nova tubaxe de auga e imos poñer en funcionamento un depósito sen uso na propia parroquia da Devesa. Para iso imos facer unha nova canalización, imos levar auga desde o lugar da Madanela ata este depósito da Devesa, que está na subida cara a Noceda, a través dunha tubaxe cunha lonxitude de aproximadamente 3.000 metros”.
O alcalde sinalou que “neste caso a obra é beneficiosa para ambas partes, pola redución nas intervencións que se estaban levando a cabo pola falta de auga e ao mesmo tempo a concesionaria cifra nun custo de máis de 100.000 euros e conta rematala a final deste mes”.
Fernando Suárez manifestou que “durante este tempo seguramente haxa molestias. Pode haber algún corte de auga e pode haber algún corte da vía pública por mor das obras que se están facendo. Por iso queremos pedir desculpas aos veciños, polas molestias, pero sabendo que isto vai redundar nun mellor servizo e espero que se vexa xa neste verán”.


























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



