Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020. Moitos galegas e galegas levaron unha desagradable sorpresa ao descubrir o cobro das comisións de mantemento que recentemente aplicou ABANCA nas súas contas bancarias. Na maior parte dos casos o cobro chegaba aos 50 euros, 42€ de gastos de mantemento e 8€ de administración. O clamor nas redes sociais foi unánime e na sede da Unión de Consumidores de Galicia non cesaron as chamadas durante a última semana para asesorarse ao respecto.
Nos últimos anos estamos asistindo a unha estratexia xeneralizada de aumento de comisións nas grandes entidades financeiras. As persoas consumidoras cada vez pagan máis por menos servizos xa que moitos dos usos e procedementos os xestionan os propios usuarios/as a través da banca electrónica, xa sexa na web ou na aplicación móbil.
Esta política de cobro de comisións instaurada nos grandes grupos bancarios parece máis ben unha penalización aos usuarios para os cales, accións tan comúns como o uso do caixeiro automático ou as transferencias son gravadas cunha comisión, endurecéronse de forma significativa os trámites mentres outras prestacións, como asistencia presencial, diminuiron significativamente.
No caso de ABANCA, as condicións son inasumibles para gran parte da cidadanía, resultándolles imposible acceder a contas gratuítas. E, agora mesmo, no contexto da crise da Covid-19 será aínda máis complexo para estes usuarios e usuarias cumprir esas condicións.
Abanca avisou coa antelación requirida a reformulación do programa Cero Comisiones no cal, os maiores de 29 anos, deben aumentar o seu grao de vinculación senón queren ter que facer fronte a unhas comisións que, anualmente, chegan aos 100 euros. Entre os requisitos para non ter que facer fronte a comisións está o domiciliar unha nómina ou pensión de polo menos 600 euros, tamén manter un saldo medio mensual de 500 euros en produtos de aforro. A maiores, a persoa usuaria debera cumprir un destes requisitos:
·Facer compras de polo menos 2000 euros ao ano usando a tarxeta de crédito
·Manter un mínimo de 30.000 euros en produtos de inversión Abanca
·Contratar dous seguros ou manter polo menos 8000 euros en produtos de aforro como fondos de inversión, valores, plans de pensións…
Só cumprindo estes requisitos un usuario poderá acceder a unha conta pola que non pagará comisións de mantemento nin comisións de administración, así como tampouco pagará polas retiradas de efectivo, pola tarxeta de débito ou outros servizos. Pero se eres un dos miles de galegas e galegos que non cumpre coas esixencias deberás desembolsar 100 euros ao ano en comisións pola túa conta corrente ou de aforro.
Entre as moitas queixas derivadas desta política de cobro de comisións da entidade bancaria, UCGAL destaca a problemática á que se enfrontan os/as veciños/as das zonas rurais de Galicia que non teñen acceso a unha sucursal e que deben desprazarse a outra localidade, se é que está na súa man facelo, para calquera xestión. Ademais, moitas persoas maiores non poden xestionar a súa conta a través da web ou da app ao non ter coñecementos dixitais; e non contemplan cambiarse a bancos con opcións reais de contas sen comisións xa que non poden realizar as súas xestións de forma telemática. Son reféns de entidades como Abanca.
UCGAL queremos expresar o malestar que produce que nun contexto tan delicado como o actual, con moitas familias vivindo na incerteza de saber se poderán afrontar economicamente os vindeiros meses ou se terán traballo, ABANCA siga adiante cunha medida que pode supor un serio golpe para as economías máis febles.
Esta entidade recorda que nunha situación similar atópanse multitude de usuarios/as doutras entidades. Estes días foi a quenda de ABANCA mais estas prácticas son habituais en todos os grandes grupos bancarios




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



