RIBADEO (FNC) .- A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, en colaboración co Concello de Ribadeo, desenvolverá tres obradoiros durante o mes de maio.
O CeMIT de Ribadeo acollerá desde o luns 3 e ata o martes 11 de maio o obradoiro Iniciación a internet, co que o usuario/a será capaz de empregar de forma básica aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede internet. O horario desta actividade será de 19:00 a 20:00 horas.
Dentro da iniciativa posta en marcha como celebración do Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións, se levarán a cabo neste mes dous obradoiros. Entre o 12 e o 20 de maio terá lugar o obradorio Procesador de textos: writer, no que se formará aos asistentes na creación e modificación dun documento de texto empregando o OpenOffice Writer. O horario será de mañán de 11:00 a 12:30 horas. E entre o 24 e o 27 de maio o CeMIT acollerá o obradoiro Manexo do escáner e gravación de cds co que se pretende formar o/a usuario/a no uso do escáner e a gravación das súas propias imaxes. O horario desta actividade será de 11:00 a 13:00 horas.
Co motivo da celebración do día 17 de Maio, este mes no CeMIT de Ribadeo porase en marcha a iniciativa Lembranzas de Ribadeo que comezará a mediados de maio e rematará a finais do mes de xuño. Este proxecto consistirá na creación dun documento audiovisual no que dixitalizaremos todo o coñecemento posible sobre o pobo ribadense.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



