Ribadeo, 7 de xullo, 2020. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, contactou cos representantes da asociación de comerciantes (ACISA) para interesarse por coñecer as necesidades que presenta neste momento o sector terciario ribadense. E tras escoitar as demandas de información e asesoramento por parte do colectivo, o popular comprometeuse a traballar nese sentido en colaboración con todo o tecido económico local ofrecendo información e asesoramento – a través de charlas informativas- sobre as normas relacionadas coa covid-19 e as axudas postas en marcha polo Goberno galego de apoio aos autónomos e pequenas e medianas empresas co obxectivo de contribuír á reactivación económica.
Daniel Vega asegura que “seguimos traballando nestes momentos tan complexos. Se somos responsables no individual, poderemos estar tranquilos como colectivo”. Polo tanto, “pido tranquilidade e, sobre todo, responsabilidade. Sexamos responsables e cumpramos a normativa covid-19” porque “o máis importante é a saúde das persoas”, conclúe.
COLABORACIÓN INSTITUCIONAL E RESPONSABILIDADE SOCIAL
Daniel Vega considera “importantísimo” que “as administracións traballen na mesma dirección de cara á loita contra a crise sanitaria e socio-económica derivada da covid-19. Creo tamén que as administracións e os representantes políticos debemos estar unidos polo ben da sociedade”, defende.
O voceiro do Grupo Municipal Popular en Ribadeo sinala, como exercicio de responsabilidade social, que “se debe suprimir temporalmente o cobro de taxas e impostos municipais coma a do lixo, a da auga ou o IBI ata que a recuperación económica sexa unha realidade”. Censura, polo tanto, “a presa do goberno local por volver a cobrar impostos trala situación de emerxencia en lugar de inxectar liquidez ao tecido económico ribadense. O goberno local debe estar do lado dos veciños e das empresas; pero demostra todo o contrario volvendo a activar o cobro de taxas e impostos que afectan ás actividades económicas e entre as que se atopa a de ocupación da vía pública que afecta ás terrazas”.
O popular sinala que o Grupo Municipal Popular xa plantexara a través do Plan Reactiva Ribadeo, entre outras, esta medida de carácter fiscal que no pleno contou co apoio do PSOE e o voto en contra do BNG. Trala decisión do goberno local de deixar sen efecto as exencións nos tributos decididas durante a situación de emerxencia sanitaria que xa criticara, Vega volve agora pedir a rectificación desta medida tomada de forma unilateral polo equipo de goberno de Fernando Suárez ao considerar que “dificulta a volta á actividade socio-económica dos autónomos e negocios ribadenses que tiveron que permanecer pechados”.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



