Lugo, a 17 de xullo de 2020. O presidente da Deputación (PSOE), José Tomé, fixo balanzo do seu primeiro ano de xestión á fronte do organismo provincial e fíxoo cheo dun optimismo tan desbordante como cando avaliou os resultados das eleccións autonómicas, a pesar do teimuda que é a realidade que lle di o contrario, que é que o PSOE se estanca e que o PP pasou na provincia de 8 a 9 deputados. O portavoz popular, Javier Castiñeira, manifestou: “Escoitando as declaración do presidente, sentímonos abraiados; fala na mesma liña superoptimista que leva nesta última semana, especialmente vendo os pésimos resultados electorais do Partido Socialista tanto en Monforte como en toda a provincia, na que o PP medrou e o PSOE estancouse absolutamente; neste caso, exactamente o mesmo. A realidade di que son a terceira forza, que non aproveitaron o goberno na Deputación e nos concellos grandes. Polo seu lado, o PP, gobernando concellos pequenos e facendo unha boa labor de oposición na Deputación, logrou gañar un deputado máis”. Engadiu: “Os resultados electorais do PSOE delatan a Tomé”.
Javier Castiñeira sinala: “Tomé fai unha valoración ultrapositiva, totalmente inxustificada nun ano no que a Deputación pasou absolutamente desapercibida cando tiña que ter moito protagonismo. Foi un ano difícil e complexo no que a Deputación non asumiu o liderazgo na provincia e seguiu cos planes que xa se facían con anterioridade, como é o Plan Único ou o de subvencións. Na crise da covid-19 chegou tarde a todo e fixo moi poucas inversións e moi tarde”.
Castiñeira tamén manifesta: “No eido turístico, o turismo fluvial ten tremendamente danada a súa imaxe. Hai áreas recreativas con enorme potencial que seguen abandonados. E a gota que colmou o vaso foron as últimas declaracións, en termos electoralistas, que danaron moitísimo a imaxe da Mariña lucense, dicindo que non se daba a seguridade sanitaria necesaria para acudir a votar, o que asustou a todos os turistas que había e danou a confianza de todos os mariñáns”.
Para o portavoz provincial do PP, “en termos políticos, na Deputación hai agora menos diálogo que había con anterioridade”. Neste sentido sinala: “Lamentamos que houbera un cambio para peor desde a política que levaba o señor Campos. Hai moi poucas xuntas de portavoces, escoitase pouco á oposición”. Castiñeira lembrou que “as estradas, lamentablemente, non melloraron”.
En resumo, para o PP, “o balanzo deste ano é pésimo e así debe ser recoñecido tamén polo goberno provincial”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



