Mondoñedo, 18 de xullo de 2020. O Concello de Mondoñedo cancela a celebración do Mercado Medieval para este 2020 debido á situación sanitaria derivada da covid-19 e aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.
“Esta programación alternativa ten tamén como obxectivo contribuír a posicionar Mondoñedo como destino turístico seguro”, segundo sinala o concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quen afirma: “con esta proposta cultural buscamos a protección da saúde, a través de eventos en pequeno formato cos que dinamizamos e axudamos á economía local”.
Baixo o lema ‘Activando Mondoñedo’, esta “programación alternativa de cultura e lecer no verán 2020” ofrecerá de xoves a domingo ata o final do verán diversas actividades distribuídas entre as distintas rúas e prazas mindonienses que pretenden “evitar concentracións numerosas e facilitar, ao mesmo tempo, a súa adaptación ás medidas sanitarias en vigor en cada momento” segundo o concelleiro de promoción económica, Manuel Tapia.
Este amplo programa, que se irá sumando ao longo do verán, inclúe eventos diversos para todos os públicos coma os Domingos Frescos, os Xoves de Verán, os Seráns de Lecer ou os mercadiños dos xoves aos que hai que engadir animación de bares e terrazas, espectáculos de maxia, títeres, obradoiros infantís, teatro na rúa, música tradicional e xogos populares e acuáticos. Ademais, “contaremos coa colaboración de distintas agrupacións musicais de Mondoñedo coma o Coro Mestre Pacheco, a Banda de Música Pascual Veiga ou da Escola Municipal de Música que ofrecerá unha xincana musical” clarexou a concelleira do Camiño Norte, participación cidadá e asociacionismo, Patricia Otero. Así mesmo, o Concello organiza diversas actividades deportivas e o tradicional Día da Bicicleta.
Merlín Fest
A música será tamén o fío condutor de novas iniciativas que nacen en Mondoñedo debido á situación sanitaria da covid-19. É o caso, entre outros, do Merlín Fest, un proxecto xurdido a raíz do parón cultural e que pretende apoiar aos empresarios e autónomos deste sector, grazas a unha orde de axudas da consellería de Cultura da Xunta de Galicia.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



