Trabúcase quen enxergue libre de culpa a Felipe de Borbón das resultas da devasa construída coa declaración do 15 de marzo último. Considerouse que a exclusión do Emérito do uso dos recursos públicos da Casa Real (uns recursos que non foron retornados ao Erario Público, senón que foron redistribuídos para outras finalidades da mesma Casa) e maila renuncia de El Rei a respecto dos bens da futura herdanza do seu pai integrados na da Fundación Lucum (da que era segundo beneficiario o actual Xefe do Estado) salvaban do lume ao actual Monarca.
Mais o tempo pasou, o pesadelo da Covid-19 afrouxou un chisco e o problema seguía, con novas revelacións de feitos do Emérito incompatíbeis coa ética pública. A renuncia a unha herdanza futura non deixa de ser un aceno ao sol, absolutamente ineficaz en termos xurídicos. Os feitos coñecíanse por El Rei e polo Presidente do Goberno do Estado dende marzo de 2019, sen que fose informada a opinión pública. Houbo que agardar ao peor da pandemia para facelo. Por outra banda, dende o 15 de marzo van xa catro meses e medio e segue a faltar unha declaración valente e definitiva. Malia a evidencia de que, polo menos, existiu fraude fiscal na conduta do seu pai faltou un público requirimento a facer contas coa Facenda Pública e transferirlle o diñeiro que lle pertence á cidadanía e que tanto nos cumpría para enfrontarmos a pasada crise sanitaria.
Falta tamén un acordo entre a Casa Real e o Goberno do Estado para lle retirar a Juan carlos de Borbón o seu título de Rei (non Rei Emérito, como ás veces confunde moita xente), que ten atribuído por Decreto para o resto da súa vida, mais do que pode ser privado-por causas tan xustificadas como as existentes.
Mentres, a Casa Real desenvolve unha campaña de imaxe que afonda máis a divisoria entre a Coroa e a cidadanía. Nas súas recentes visitas a Poblet e Santiago de Compostela proxectouse a imaxe dun Rei pechado no hieratismo institucional, blindado pola policía e recibido só por poucas ducias de seareiros, que constituían, tanto en Catalunya como en Galicia, personaxes de fasquía e presenza exótica no contexto de cadansúas sociedades catalá e galega. Os dispositivos de seguranza restrinxiron nas dúas (custosas) visitas a mobilidade cidadá e discriminaron o achegamento das distintas persoas en función das bandeiras que portaban: barra libre para a española e prohibición para as esteladas e estreleiras. Semella que, en ambos os dous casos, seguindo instrucións directas da Casa Real.
Ninguén poderá negar, chegado o momento, que o Xefe de Estado puido actuar doutro xeito. E que non soubo, non quixo ou non puido facelo.


















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.