A Mariña, 20 de agosto de 2020. A horta da comarca será a protagonista do 21 ao 23 de agosto da campaña #DegustaAMariña da FCAM. Os locais hostaleiros participantes ofrecerán tapas, racións ou pratos elaborados con produtos cultivados na terra mariñá.
O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, dixo que “esta vindeira fin de semana queremos render homenaxe á horta da Mariña e a todas e todos eses produtores que con tanto esmero labran as súas terras e coidan as súas producións. Na horta da Mariña podemos atopar, entre outras cousas, a exquisita faba de Lourenzá, os pementos de Piñeira, tomates, calabacín, pepino, leituga, xudías, repolos, zanahorias, cebolas, allos, fresas, arándanos… é unha produción moi variada e de temporada. Vaise renovando con cada estación”.
Paleo considera que “esta é unha boa ocasión para saborear os produtos que da a nosa terra, que saen da horta da Mariña, para ir directamente aos restaurantes da comarca ou ás nosas casas”.
A FCAM está a lembrar e a homenaxear, desde o pasado 24 de xullo, a todas as festas gastronómicas da comarca que este verán foron canceladas. Xa houbo fins de semanas dedicadas á pescada, ao bonito, ao marisco e á tenreira galega.
Paleo subliñou que “o que pretendemos ademais é fomentar o consumo dos produtos de tempada desta zona que os establecementos hostaleiros da Mariña teñen nas súas cartas e que son un reclamo para os turistas que nos visitan no verán e tamén para as veciñas e os veciños desta terra”.
A Federación de Comercio A Mariña anima a disfrutar desta cita gastronómica e a deixar constancia das boas mesas compartidas estes días “a través das fotos que podemos colgar en Instagram empregando o hastag #DegustaAMariña cunha pequena descrición sobre a súa experiencia”.
A campaña #DegustaAMariña prolongarase ata finais deste mes de agosto. Colaboran coa FCAM: a Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



