Lugo, 20 de agosto de 2020. A Deputación de Lugo en colaboración co Campus Terra da USC organiza un curso en Xestión Técnico Económica de explotacións leiteiras dirixido a gandeiros e gandeiras, técnicos e profesionais do sector co fin de formalos neste eido ante o novo escenario provocado pola pandemia da Covid-19. A formación estará impartida polo asesor agrogandeiro Xan Pouliquen, será semipresencial e terá lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñería os días 21 e 31 de agosto. Os participantes recibirán 6 horas e media de formación presencial repartidas en dúas sesións e 5 horas de formación online. O curso é totalmente gratuíto e dispón de 60 prazas.
O espazo para as actividade presenciais está dotado cos medios necesarios para garantir as medidas sanitarias fronte ao COVID, sendo preciso levar o DNI e a mascarilla. No caso de que se producira algunha excepcionalidade coa pandemia que dificultara as xornadas presenciais estableceríanse de forma online.
O pasado mes de maio, o Campus Terra da USC realizou unha enquisa para coñecer o impacto da Covid-19 nas explotacións lácteas galegas e estudar de que maneira podería axudar a Universidade aos gandeiros. Nesta liña, este curso dá resposta á necesidade de formación do sector en cuestións relacionadas coa xestión técnico-económica das explotacións lácteas como ferramenta para o manexo das distintas variables que afectan ás ganderías nun novo escenario provocado pola crise sanitaria.
A Deputación de Lugo mantén unha ampla colaboración co Campus Terra para favorecer a competitividade, sostibilidade e desenvolvemento do sector primario a través da investigación, a innovación e a transferencia de coñecementos. Un dos froitos desa colaboración é a Granxa Experimental de Leite Gayoso Castro, o primeiro centro de investigación do sector lácteo da provincia, no que se acollerán prácticas universitarias do alumnado da Facultade de Veterinaria e da Escola Superior de Enxeñería. Coa Granxa Experimental de Leite, a Deputación aposta unha vez máis polo sector primario como un dos principais motores da economía da provincia. Coa axuda do Campus Terra, contribúe á innovación e á investigación para que as explotacións gandeiras da provincia sexan máis rendibles e sostibles, para aumentar o valor do seu produto, así como para reducir os costes de produción e favorecer o benestar animal.




















Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.



