Lugo, 21 de agosto de 2020. A Xunta concede axudas por importe global de 80.000 euros a sete particulares e aos concellos de Barreiros e Lourenzá para acometer accións de mellora paisaxística no Camiño do Norte. Deste total, o 60% concéntrase na comarca da Mariña e o resto na Terra Chá.
Estas subvencións enmárcase no Plan de Embelecemento das Rutas Xacobeas e o Goberno galego financiará o 75% das intervencións propostas polos beneficiarios, entre as que figuran actuacións en elementos que xeren un impacto visual nos distintos itinerarios ou a restauración de bens do patrimonio etnográfico galego.
As axudas están divididas en dúas categorías en función do solicitante. No caso da primeira delas, dirixida ás entidades locais, o Goberno galego achegará 21.640 euros para financiar o acondicionamento dunha zona verde en Vilamartín Grande (Barreiros), e mellorar a sinalización e embelecer Bens de Interese Cultural do concello de Lourenzá.
No que atinxe á segunda liña, destinada a persoas físicas e xurídicas titulares dalgún elemento situado na Ruta Xacobea, a Xunta achegará 58.450 euros para financiar o arranxo de parcelas e edificacións, dúas en Trabada, outras tantas en Begonte, e as demais en Ribadeo, Vilalba e Guitiriz.
Cinco ámbitos de actuación
En concreto, as subvencións incluídas neste plan enmárcanse en cinco ámbitos de actuación. O primeiro deles céntrase en intervencións sobre elementos etnográficos e a súa contorna e inclúe accións de valorización, mantemento, consolidación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, valados ou calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar.
O segundo contempla actuacións sobre casas e eiras, como melloras nas fachadas e nas cubertas empregando materiais propios da zona; mentres que a terceira liña abrangue intervencións no espazo agrario co fin de reducir o impacto visual que xeran elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico como naves, silos ou casetas. As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago complétanse con actuacións para incorporar a vexetación como elemento integrador da paisaxe ou actuacións nos trazados do Camiño co fin de substituír elementos do mobiliario urbano que polo seu estado de deterioro ou as súas características físicas resulten alleas á contorna da Ruta Xacobea.
Accións de mellora nos trazados
Entre os obxectivos do Goberno galego a través desta iniciativa destacan os de ofrecer a mellor versión de Galicia aos visitantes e contribuír a unha Galicia máis verde e próspera, favorecendo a protección e posta en valor dos distintos Camiños, aumentando a concienciación e sensibilidade sobre a Ruta Xacobea e fomentando a colaboración cidadá xunto coas administracións públicas neste eido.
Esta liña de axudas compleméntase coas diferentes actuacións impulsadas pola Xunta na antesala do Xacobeo 2021. Entre esas accións, e co obxectivo de que os distintos trazados cheguen a esta cita no mellor estado posible, puxéronse en marcha accións de mantemento e sinalización incluídas no eixo Soporte do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, que ten por obxectivo a mellora das infraestruturas dos Camiños de Santiago na antesala do vindeiro Ano Santo.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



