Foz, 21 de agosto de 2020. O salón de actos do Cenima de Foz acollerá a proxección da curtametraxe Matria e unha charla coloquio co seu director, Álvaro Gago, e coa muller focense Palmira Fernández, quen falará da súa experiencia vital. Será o vindeiro luns, día 24, ás 20:30 horas con entrada libre. Esta actividade está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do Pacto de Estado contra la violencia de género.
A concelleira de Muller e Igualdade, Milagros Louzán, anunciou que “este luns, día 24 de agosto, no salón de actos do Cenima de Foz ás oito e media da tarde proxectaremos a curtametraxe Matria, dirixida por Álvaro Gago, e contaremos con el durante a proxección e presentará a película. Esta curtametraxe foi premiada en varios festivais nacionais e internacionais e estivo nominada aos premios Goya do ano 2019”.
Milagros Louzán explica que “a curtametraxe pretende ser unha crítica á falsa teoría sobre o matriarcado, sobre todo en Galicia. Ademais, para acompañar esta curtametraxe, contaremos co testemuño real dunha muller de 72 anos, veciña de Foz e que a súa vida pode identificarse coa da protagonista da curtametraxe. Falaranos da súa experiencia vital e da súa situación actual”.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.