Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020. O sector da Administración autonómica de CCOO de Galicia esíxelle á Consellaría da Presidencia «medidas urxentes» ante a sucesión de casos de COVID-19 detectados nos últimos días nos centros administrativos da Xunta. O sindicato tivo coñecemento —nunca de xeito oficial— de distintos gromos en instalacións públicas, tales como os servizos centrais da Xunta (San Caetano, en Santiago de Compostela), a residencia compostelá de Volta do Castro ou a Xefatura Territorial da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Coruña.
O sindicato segue «con preocupación» a situación, que se pode agravar en setembro co remate das vacacións de milleiros de traballadoras e traballadores públicos e coa fin da modalidade de teletraballo. CCOO lembra que o complexo administrativo de San Caetano é o maior centro de traballo de toda a Administración galega, con persoal procedente de toda Galicia. A situación, aínda que a menor escala, reproducirase nos edificios administrativos da Xunta en Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Así mesmo, CCOO sinala que a meirande parte destes traballadores e traballadoras utiliza o transporte público para desprazarse desde os seus lugares de residencia, «o que aumenta o risco de expansión do virus en caso de contaxio».
Ante esta situación, e para evitar un posible agravamento, CCOO esíxelle á Xunta de Galicia información oficial sobre os casos diagnosticados nos últimos días, as medidas adoptadas ao respecto e a convocatoria «urxente» dos órganos de representación especializados en materia de saúde e seguridade laboral.
O sector da Autonómica tamén pide a realización de test PCR a todo o persoal da Xunta de Galicia, «como método máis fiable de prevención e control» e a dotación de máscaras para todo o persoal da Administración galega en función do nivel de risco de contaxio e non unicamente nos centros sociosanitarios.
CCOO tamén solicita a adopción de medidas para evitar a coincidencia masiva de persoas nos centros de traballo, así como reducir a presenza de persoal, especialmente onde non se poida garantir a distancia de seguridade. Neste punto, demanda a ampliación máis aló de setembro da modalidade de teletraballo, que resultou «moi efectiva» nos meses anteriores, non só polo volume de traballo efectivo realizado, senón tamén por reducir o número de traballadores e traballadoras nas instalacións.
Desde o sector da Autonómica de CCOO son conscientes de que «o que agora lle preocupa á Xunta é o comezo do curso escolar», pero estará «vixiante e traballando» para que a Administración non se esqueza de protexer a saúde do resto do seu persoal.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



