Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar as obras de renovación do sistema de protección de amarre do peirao pesqueiro de Ribadeo. Esta actuación consiste na substitución das defensas da zona de atraque. Ata agora nesta zona situábanse defensas de rosario que serán substituídas por outras novas que se colocarán verticalmente ancoradas ao peirao.
En total colocaranse 10 novas defensas dos modelos V-300 e VA-300, que habilitarán sete zonas de atraque. Ademais recuperaranse seis defensas da zona da rampla e o martelo interior do pantalán.
Así mesmo, a actuación que Portos de Galicia está a executar inclúe melloras no porto de Mirasol. En concreto procederase á regularización do paramento do dique, eliminando a escada de fábrica existente para poder garantir a seguridade nas operacións de subministro de gasoil.
Esta actuación consistirá no recheo da zona da escada de fábrica existente con materiais similares e a instalación dunha nova escada vertical en aceiro inoxidable ancorada ao peirao con dúas asas para poder efectuar os labores de subministro de gasóleo con seguridade para os usuarios. A actuación global en ambos portos conta cun investimento de preto de 50.000 euros e un prazo de execución previsto de tres meses.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



