Cervo, a 6 de outubro de 2020. A CIG reclama dos gobernos español e galego avanzar de maneira decidida no proceso de intervención pública da fábrica de Alcoa San Cibrao, xa sexa mediante a adquisición transitoria proposta polo Ministerio de Industria ou abrindo a posibilidade á vía dunha expropiación, “pois neste momento a intervención parece inevitábel”. Así o trasladou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, na reunión telemática celebrada esta tarde, na que puxo de manifesto tamén a necesidade dun cambio de políticas para que sectores estratéxicos da nosa economía, como a produción do aluminio, non estean sometidos á vontade das multinacionais.
Pero para non quedar a expensas dos tempos que marque Alcoa, nomeadamente na execución dos despedimentos e unha parada das cubas “que sería desastrosa para a continuidade industrial”, Carril subliñou a urxencia de apurar prazos e concretar as medidas e os movementos. “Sabemos da complexidade xurídica dunha operación deste tipo, por iso os gobernos teñen que redobrar esforzos e nós temos a man tendida para colaborar e facer as achegas necesarias en todo o que poidamos”, engadiu.
A este respecto, insistiu na necesidade de coordinar as actuacións e sincronizar tempos entre a representación dos traballadores/as, o goberno español e a Xunta, para conseguir frear os plans de desmantelamento de Alcoa e, no máis inmediato, que a empresa non aplique o ERE. Neste senso, lembrou que, de estar derrogada a reforma laboral, a decisión non estaría en exclusiva en mans de Alcoa senón que requiriría da autorización administrativa previa.
De igual maneira, o secretario xeral da CIG demandou establecer un calendario de reunións da mesa e axilidade na celebración dos encontros porque “o tempo bótasenos enriba e sobre a realidade do dereito hai unha realidade de feito, que é o que Alcoa pode facer nos próximos días, o impacto que teñan as súas decisións e como iso se manifeste para o desenvolvemento deste conflito”.



















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



