Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020. A Xunta cederá o material de protección non empregado nas eleccións autonómicas do pasado 12 de xullo aos 67 concellos da provincia de Lugo.
A Xunta aprobou un Protocolo de medidas de prevención ante a covid-19 para levar a cabo a xornada electoral, que incluía a achega por parte da Administración autonómica do material de protección necesario. Deste xeito, puxéronse a disposición dos electores en toda Galicia máis de 2,4 millóns de máscaras cirúrxicas, arredor de 43.000 botes de xel hidroalcohólico e máis de 47.000 pantallas faciais para os membros das mesas electorais. Tamén se adquiriron máis dun millón de luvas para persoas alérxicas ao xel hidroalcohólico e para levar a cabo o escrutinio trala votación.
O Protocolo para garantir unha votación segura, que contou coa supervisión das autoridades sanitarias, establecía o uso da máscara obrigatorio para os electores, polo que ás persoas que non a trouxeran do domicilio entregóuselles algunha das que estaban a súa disposición no local electoral, ademais de recordarlles que debían hixienizar as mans antes de facer entrega do voto empregando o xel hidroalcohólico dispoñible en todos os locais.
O uso da máscara tamén foi obrigado para os membros das mesas, aos que se lle facilitaron catro para cada un para poder renovalas, así como cunha pantalla facial e os produtos de hixiene para limpar as mans de forma frecuente.
Debido a que parte dos electores optaron por levar a súa propia máscara, existe material sobrante que se entregará agora ás entidades locais para que poidan distribuílo entre os seus veciños. Dáse así continuidade á cooperación da Xunta cos concellos, aos que nos meses máis duros da pandemia dotou das unidades de protección necesarias para os efectivos dos servizos municipais a través de varios repartos, ao igual que aos centros sociais e residencias.
Por outra parte, en canto ás actuacións relacionadas propiamente coa xestión da xornada electoral do 12 de xullo, cómpre recordar que a Xunta formou e habilitou un equipo de persoas que inspeccionaron os 2.400 locais electorais que hai en Galicia ata en dúas ocasións antes da xornada electoral; e que dispuxo persoal en todos os locais durante a propia xornada para que axudaran a que se respectaran todas as medidas sanitarias, como o uso de máscaras, distancia de seguridade e hixiene de mans.
A Xunta puxo, ademais, a disposición de todos os locais electorais todo o material de protección necesario, así como a cartelería na que se explicaban todas as recomendacións sanitarias que había que manter. Tamén se intensificou a ventilación e as actuacións de limpeza e desinfección, tanto antes como durante a xornada electoral.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



