Lugo, a 04 de novembro de 2020. O presidente da Deputación, o socialista e ex sindicalista José Tomé, acaba de dar outro paso máis na súa xa demostrada falta de atención aos intereses dos traballadores provinciais. O portavoz do PP, Jaime Castiñeira, sinala: “ O goberno da Deputación de Lugo acaba de sorprender aos traballadores provinciais publicando unha circular na que conclúe textualmente o seguinte: quedan sen efecto as autorizacións de traballo a distancia polas circunstancias de fillos menores de 14 anos e os que estean ao coidado de persoas dependentes ou discapacitadas, que dende o 22 de xuño, con moi bo criterio podían solicitar o 50% da xornada con teletraballo”.
Para o portavoz popular, “queda demostrado que ao señor Tomé non lle gusta o teletraballo”. Sinala: “Xa pasou en Monforte, onde o sindicato maioritario chamou a atención ao alcalde por usar a expresión pexorativa televacacións; neste caso moitos traballadores provinciais ven nesta decisión e nesta circular un retraso na conciliación de traballadores con menores ou dependentes na familia ao cargo, especialmente no momento de aumento de brotes da covid que estamos a vivir na nosa provincia”.
Os populares ven falta de coherencia. Castiñeira declara: “Socialistas e nacionalistas, que se autonomean progresistas, demostran unha vez máis que cambian de criterio segundo estean na oposición ou no goberno. Neste caso, en relación con respecto aos dereitos dos traballadores”. Engade: “O caso máis claro é o do señor Tomé. Con pasado sindicalista, mentres era empregado, e agora que ten tantos cargos e é xefe actúa de maneira prepotente cos seus excompañeiros. Faino enviando esta circular sen consensuar cos traballadores; fixo e faino cos traballadores de Suplusa aos que desconsidera en todo momento e faino diariamente substituíndo servicios provinciais con prórrogas sucesivas a Tragsa, que se converteu no brazo executor do autoritarismo de Tomé”.
Dende o PP, di Javier Castiñeira, “solicitamos a José Tomé que corrixa a súa política de persoal e recursos humanos e empece por devolver aos traballadores con menores ou dependentes ao seu cargo a posibilidade de poder teletraballar a metade da xornada”. Destaca que non hai que esquecer que as circunstancias da covid non melloraron e os socialistas sacaron adiante unha lei de teletraballo, que o goberno da Deputación debería ter en conta.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



