Mondoñedo, a 24 de novembro de 2020. O Servizo de Atención Temperá que presta o Concello de Mondoñedo para unha agrupación integrada por outros sete Concellos (Abadín, A Pastoriza, A Pontenova, Barreiros, Lourenzá, Riotorto e Trabada) amplíase para atender tamén aos nenos e nenas de 0 a 6 anos dos Concellos de Pol e Meira que precisen algún tipo de tratamento terapéutico para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a súa inclusión social.
Ata o de agora, o Servizo de Atención Temperá que pertence á Rede galega de atención temperá da Xunta de Galicia está a prestar atención a 41 nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou con risco de padecelos; así coma as súas familias.
Dende o goberno local explican que “o Concello de Mondoñedo lidera este proxecto aproveitando a súa ubicación como epicentro do territorio dos concellos que integran a agrupación para a que se presta o servizo de atención temperá”.
Así mesmo, destacan “a importancia do consenso e o traballo conxunto entre concellos pequenos” porque “facilita a implantación de servizos para mellorar a calidade de vida nosos veciños e veciñas”. Neste caso, poñen tamén en valor o traballo dos profesionais que, deste xeito, “ofrecen os seus servizos nun entorno próximo para as familias”.
Atención Postemperá para nenos e nenas de máis de 6 anos
Co obxectivo de complementar este servizo “e atendendo a unha necesidade real”, o Concello de Mondoñedo impulsou tamén a creación da prestación de atención postemperá para nenos e nenas de máis de 6 anos e dar continuidade á atención que estaban a recibir”.
Deste xeito, o Servizo de Atención Postemperá prevé continuar a desenvolver os procedementos terapéuticos con 10 nenos e nenas que cumpriron a idade máxima dos 6 anos para seren atendidos na unidade temperá. Dende o goberno local sinalan que “desta forma favorécese a integración plena dos menores”.
Por outro lado, este mesmo servizo de atención postemperá pode cubrir outras necesidades; xa que os algúns usuarios da minirresidencia de menores que abriu o pasado verán xestionada pola Fundación Educativa e Social Dignidade, poderían necesitar atención e sesión terapéuticas que esta unidade podería resolver de xeito satisfactorio para os residentes.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



