
Foto de arquivo
Burela, 27 de novembro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, mantivo hoxe unha xuntanza en Augas de Galicia para falar da nova EDAR. Os 370.000 euros que aparecen nos orzamentos da Xunta de 2021 van destinados á realización das obras complementarias, que serán licitadas no primeiro trimestre do vindeiro ano. Durante 2021 será licitado tamén o proxecto executivo da EDAR. A empresa adxudicataria disporá de catro a seis meses para telo listo e despois terá que ser revisado pola administración competente. Aínda que a construción da EDAR se podería licitar cara finais de 2021, os traballos non darán comezo ata 2022, de aí que non apareza consignación nos orzamentos da Xunta do vindeiro ano. Iso foi o que lle explicaron a Alfredo Llano na xuntanza desta mañá en Santiago de Compostela.
O rexedor explicou que “non aparecen nada máis que 370.000 euros no orzamento da Xunta de Galicia para o ano que ven, destinados á EDAR, pero me explicaron que hai dous proxectos diferenciados. Un deles é a propia EDAR e outro é a obra complementaria dos colectores e da cantidade de canalizacións que hai que facer para a EDAR. O que figura no orzamento é a obra complementaria dos colectores e, en principio, xa se vai licitar no primeiro trimestre aproximadamente do ano que ven, e polo tanto por iso figura ese orzamento. Por outro lado, a EDAR é outro proxecto diferenciado que agora mesmo está na fase de licitación e a empresa vai redactar o proxecto executivo, pero ten de catro a seis meses para rematalo, aínda que é moi posible que se faga antes. Contando con este tempo, despois hai que revisalo, polo que pensan licitar a obra da EDAR no 2021, pero posiblemente non dera tempo a iniciala. Polo tanto pasaría a iniciarse no ano 2022 e en 2023 culmina o tempo para tela rematada”.
Alfredo Llano subliñou que “estamos interesados en negociar con Costas e con Portos a máxima axilidade para que esta obra non teña atrancos para que comece. Tamén desde o Concello estamos aportando a nosa axuda dentro das nosas posibilidades, e que non haxa ningún tipo de obstáculos para realizar a obra o antes posible. Consideran que se vai licitar a obra posiblemente en 2021 e a execución sería no seguinte ano, polo tanto non se puxo ningún orzamento para esta obra porque primeiro hai que licitala. Iso foi o que me explicaron esta mañá”.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).