Santiago de Compostela, 17 de Decembro 2020. O BNG valora a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza como unha vitoria da Comarca da Mariña e moi especialmente dos traballadores e traballadoras de ALCOA, “que estiveron sempre dispostos a dar a batalla política, social e legal en defensa do futuro desta factoría, da continuidade da produción e dun emprego vital. Sen esa batalla, a sentenza non sería unha realidade”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón.
A segunda lectura que fai o BNG é que a sentenza deixa claro que o plan da multinacional é pechar a fábrica de aluminio en San Cibrao e que para iso está actuando de mala fe, “corroborando o que denunciaba tanto o Bloque como os traballadores e traballadoras, advertindo que a dirección non tiña interese, nin plan algún de futuro para a planta mariñá, senón que o seu obxectivo era o simple peche”, alega a líder nacionalista.
E, finalmente, para o Bloque a sentenza é un paso na boa dirección “pero para o empuxón definitivo debe existir unha solución política que pasa por unha intervención pública e, neste sentido, volvemos pedirlle tanto ao Goberno do Estado como ao Goberno da Xunta que deixen de perder un tempo que é necesario para poder manter en pé a produción de aluminio e os postos de traballo”.
A líder nacionalista salienta que toda a comarca, e en particular as persoas que teñen os seus empregos ameazados, levan meses moi difíciles, “e agora o que precisan é determinación política para garantir o futuro da produción e dos postos de traballo de ALCOA e que as miles de familias que dependen de xeito directo ou indirecto desta factoría poidan respirar en paz”, conclúe Pontón.























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



