Ribadeo, 17 de decembro de 2020. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo reparte estes días 15.000 bolsas, 20.000 pegatinas e 100 bobinas de papel de regalo entre os comercios asociados que o solicitaron.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “se trata dun lote de materiais que se lles entrega aos socios, que o solicitaron previamente. É un material que reciben de forma gratuíta.Con elo pretendemos axudar a reducir os custes dos comercios derivados desta época, como son precisamente os materiais para facer regalos”.
O xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez, dixo que “son 15.000 bolsas, nesta ocasión son dun único tamaño e seguindo as normas de sostibilidade e respecto polo medio ambiente, como non podía ser doutro xeito, son biodegradables. Ademais tamén se reparten 20.000 pegatinas, con motivos do Nadal para decorar os regalos e 100 bobinas de papel de agasallo, en dous tamaños, de 35 y 75 centímetros, tamén biodegradable”.
Iriarte Quintana subliñou: “queremos agradecer a colaboración da Xunta de Galicia que fai posible que un ano mais podamos entregarlles estes materiais aos noso socios e socias”.
Pola súa banda, Pérez Prada engadiu: “é importante se nos fixamos nas bolsas, destacar que é a primeira actuación que levamos adiante baixo a denominación Ribadeo no Camiño. Esta nova marca, creada por Acisa, estará vixente dende agora en todas aquelas actividades que desenvolvamos co fin de potenciar o paso do camiño de Santiago por Ribadeo e tamén a Ribadeo como punto de saída do mesmo. Destacar que esta nova marca é o nome do proxecto que de cara ao vindeiro ano aglutinará novas entregas de materias, renovación de elementos informativos así como, se as circunstancias o permiten, novas actuacións nas rúas, que dinamicen a vila”.
Spot publicitario
O presidente de Acisa anunciou que “Acisa Ribadeo presenta mañá pola tarde un novo spot publicitario, co fin de promocionar a nosa vila este Nadal. Este anuncio poderase ver na televisión e nas redes sociais e esperamos animar á xente da Mariña e aquelas persoas que non están limitadas polas normas de mobilidade a vir a Ribadeo a mercar e desfrutar do nadal, respectando todas as normas sanitarias en vigor en cada momento. Queremos agradecer tamén á Xunta de Galicia a súa colaboración nesta iniciativa”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



