Lugo, 15 de xaneiro de 2021. Corenta e catro artesáns e artesás da provincia recibiron as axudas extraordinarias concedidas polo Centro de Artesanía e Deseño da Vicepresidencia da Deputación para contribuír a paliar o impacto da crise sanitaria.
As achegas, de 1.500 euros, pretenden colaborar na cobertura dos gastos correntes dos obradoiros durante o 2020, un ano no que pandemia provocou a cancelación de feiras e mercados nos que venden os seus produtos feitos, ademais de afectar ao turismo e ás visitas guiadas aos talleres, outra das fontes de ingresos do sector.
As axudas chegaron a todos os solicitantes que cumpriron con requisitos previstos nas bases da convocatoria publicada o pasado 7 de novembro: inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e exercicio da actividade, como mínimo, desde o 1 de xaneiro.
Entre os 44 beneficiarios, figuran obradoiros de marroquinería , moda e complementos , cerámica contemporánea, carpintería, xoiería, torneado de madeira, restauración, cantería, instrumentos musicais, xoguetes , artes gráficas , artes escénicas , olería tradicional, carpintería de ribeira, traxe tradicional, lámpadas, tecidos, bixutería e ferrería espallados polas distintas comarcas, a Mariña (13), Lugo (12), Terra Chá (9), Ribeira Sacra (7), A Ulloa, Fonsagrada e A Montaña.
O deputado Efrén Castro explicou que “se trata de axudas extraordinarias para contribuír ao mantemento do sector nun ano no que tiveron moitas dificultades para comercializar os seus produtos. A situación sanitaria obrigou a suspender boa parte das feiras e eventos nos que venden pretenden contribuír a paliar as dificultades económicastratamos de atender as demandas do sector nun ano complicado, no que tiveron moitas dificultades para comercializar os seus produtos. Con estas axudas, tratamos de contribuír á viabilidade dos obradoiros que optaron por seguir mantendo a actividade”
O deputado nacionalista incidiu “na dimensión económica, social e cultural dos obradoiros artesáns, que elaboran produtos de valor engadido, crean emprego, impulsan o desenvolvemento rural, traballan desde criterios de sustentabilidade ambiental e manteñen técnicas e oficios tradicionais que nos identifican como pobo”
Esta convocatoria, cun investimento de 80.000 euros, canalizou boa parte dos fondos destinados a actividades e proxectos expositivos que non se puideron realizaron durante a paralización da actividade polo decreto de alarma no Centro de Artesanía e Deseño. Os obradoiros beneficiarios teñen ata o vindeiro 31 de marzo para achegar a documentación necesaria para xustificar a axuda.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



