Nota de Prensa
Os nacionalistas consideran que o único programa do PP é desaloxar ao BNG da Alcaldía
Veiga acusa a Barreiro de apoloxía inmoral do transfuguismo.
O Bloque Nacionalista Galego saíu hoxe ao paso das declaracións do Presidente provincial do Partido Popular onde animaba aos concelleiros socialistas a presentar unha moción de censura que abrira o paso a un cambio de goberno do Concello de Ribadeo cunha Alcaldía en mans do Partido Popular. Segundo Antonio Veiga “as palabras de Barreiro son unha inmoral apoloxía do transfuguismo unha vez que os responsábeis provinciais do Partido Socialista afirmaron que non apoiaría ningún tipo de moción de censura. Estas palabras chocan de fronte coa letra e co espírito do pacto antitrasfuguismo que o seu partido tamén ten asinado, aínda que á vista do afirmado por Barreiro parece descoñecelo. O descaro de Barreiro non ten parangón na política galega polo que nos fai pensar se sabe realmente o que esta dicindo”. Neste sentido o responsábel Comarcal dos nacionalistas esixiu unha rectificación inmediata por parte deste e no caso contrario que aclare se fala no seu nome ou se as súas palabras son referendadas pola dirección galega do seu partido.
Na mesma comunicación o Portavoz Comarcal dos nacionalistas afirmou “que a equipa de Goberno de Ribadeo demostrou que neste Concello hai un Alcalde que antepón os intereses xerais ao mero calculo electoral e que coa presentación da moción de confianza evidenciou que o único que o move son os intereses dos seus veciños.É lamentábel que haxa membros na Corporación de Ribadeo que pretendan paralizar a capacidade de inversión do Concello, algo que conseguen negándose a aprobar uns orzamentos, sen tan sequera facer unha proposta alternativa. Esa mesma intención, esa mesma falta de responsabilidade, estamos a vela coas tácticas dilatorias que están a usar para evitar que se acometa unha obra tan importante como a travesía de Ribadeo, sen importarlle que os ribadenses poidan perder unha inversión por máis dun millón de euros”.
Antonio Veiga agradeceulle a equipa de goberno ribadense que nun momentos como estes estea demostrando a todos os veciños que hai un Alcalde que segue traballando e que non ten outro obxectivo que sacar adiante actuacións que son importantes para o Concello. “Os veciños de Ribadeo poden estar tranquilos, porque mentres uns se dedican a intrigar, Ribadeo segue con goberno, goberno que por certo segue a traballar coa mesma intensidade que o fixo nos últimos tres anos”, recalcou Veiga quen destacou”este é o goberno que está transformando Ribadeo, sacando adiante os grandes proxectos que neste Concello levaban paralizados desde fai máis dunha década como o polígono industrial que hoxe é unha realidade ou o PXOM que xa foi aprobado inicialmente e que se atopa as portas da aprobación provisional”.
Xa por último o Responsábel Comarcal do BNG salientou “que o único programa do PP é desaloxar ao BNG do Goberno Local para paralizar a transformación en positivo que levaron adiante os nacionalistas e repartir 68.000 euros entre os funcionarios xustamente nun momento en que é máis necesaria a inversión publica para dinamizar a economía local e achegar máis servizos aos veciños”.

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



