NOTA DE PRENSA
Os populares de Burela piden o vaciado dos contenedores de vidro.
Lamentan que o discurso do alcalde na apertura das xornadas de EXPOMAR estivera “absolutamente vacío de contido”.
Aseguran que o pleno correspondente ó mes de Maio ainda non está convocado.
O PP de Burela solicitou no día de hoxe que se proceda de inmediato ó vaciado dos contenedores de vidro, dado que hai bastantes totalmente a rebosar e mesmo algún con bolsas de botellas no seu entorno, como se aprecia na foto adxunta, feita no día de onte, xoves. Os populares consideran que ante a inminencia das festas os contenedores de vidro deben ser vaciados. Igualmente, solicitan que sexan retirados carteis ou restos de carteis anunciadores que están pegados en contenedores de vidro ou de lixo, porque afean a imaxe da vila e demostran unha total ausencia de preocupación polas cousas do día a día.
Para os populares, esa ausencia de preocupación polo día a día e extensible a outras cuestións, o mesma ca ausencia dunha mínima organización. Asì, o pleno do presente mes de Maio, que en principio se nos comunicou que se celebraría o día un ou dous de Xuño, días nos que non hai actos festivos, a día de hoxe ainda está sen convocar. Non se sabe se é polas moitas e complexas preocupacións do alcalde, ou porque non hai asuntos que tratar. Moito nos tememos que o pleno non se celebrará hasta a semana seguinte ás festas, co que entre ese pleno e o que lle corresponde ó mes de Xuño só mediarán quince días.
E como mostra final, o discurso de inauguración das xornadas de EXPOMAR de onte, xoves, do alcalde. Si quería ser breve, desde logo que o logrou, porque menos tempo non se pode falar, e se non quería decir nada, tamén o logrou. Foi sen dúbida un dos discursos máis pobres que temos oído, por estar totalmente vacío de contido. Burela e EXPOMAR merécense que o alcalde prepare un discurso de apertura que permita trasladar ós asistentes o proxecto de presente e de futuro que se tén desde a alcaldía. Pois ben, como non hai proxecto da alcaldía nin de presente nin de futuro, o discurso limtouse a darlle a benvida ós asistentes e a presentar á Conselleira, que non precisa presentación por ser de sobra coñecida polo sector marítimopesqueiro, trasladando unha imaxe do concello bastante pobre e simplista.
Desde o PP pedímoslle ó alcalde que se aplique no seu labor, que se quere tén moito que facer, e que se adique a mirar as fotos da praza a outras horas que non sexan as horas de traballo. As horas de traballo están para o traballo.

















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



