Lugo, 2 de febreiro de 2021. O bigoberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, volve incorrer na súa demostrada incapacidade para reaccionar a tempo e ben fronte á crise sanitaria e ás súas consecuencias económicas. O anuncio do plan de axudas económicas da Deputación á hostalería e demais sectores produtivos chega tarde, di o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira. Engade: “Chega tarde, nesta ocasión coma en todo o que leva feito o señor Tomé nesta pandemia, porque dende o PP levamos un ano pedíndoas e grazas á inactividade do bipartito lucense os autónomos e pemes lucenses perderon o 2020 sen recibir axudas directas da Deputación; algunhas empresas por desgraza xa non existen”.
O portavoz popular ve “positivo o cambio de actitude do bipartito provincial, aínda que a cantidade proposta, que non chegaría ao millón de euros, é moi pouco ambiciosa e está moi por debaixo dos catro millóns que leva meses pedindo o grupo provincial do Partido Popular”. Explica Castiñeira que “a Deputación ten recursos suficientes para prestar un apoio moito máis grande aos empresarios lucenses; sirva como proba que o ano pasado usou máis de 4 millóns para convenios con alcaldes amigos que poderían perfectamente ir destinados á primeira fase do plan provincial de rescate do tecido económico”.
Castiñeira di que “se o que anunciou a señora Porto acaba sendo realidade e non é unha medida máis de enfrontamento ao goberno de Feijóo, pediremos que se convoque unha reunión da xunta de portavoces, para que todos poidamos colaborar”. Lembra que “foi o PP o que hai case un ano tomou a iniciativa e propuxo o plan provincial de rescate”. Suxire que na reunión que solicita estean tamén os representantes dos sectores afectados.
Os populares queren que para a tramitación das axudas “se use o modelo de xestión rápida que aplicou a Xunta, dada a dilixencia e o bo resultado do primeiro plan autonómico, no que 2.000 hostaleiros lucenses cobraron mais de 4 millóns de euros e en poucos días terán a posibilidade de optar á segunda remesa de axudas, con máis de 75 millóns”. Castiñeira sinala: “Con todo isto e sumado aos 87 millóns de euros xa postos para axudar a pemes e autónomos afectados pola crise da covid-19, a Xunta terá destinado máis de 160 millóns de euros para apoiar ao tecido produtivo galego”. Engade: “Por iso non entendemos as críticas da Deputación de Lugo, que a día de hoxe non puxo un só euro en axudas directas”.






















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



