Viveiro, 26 de febreiro de 2021. No barrio da Atalaia, en Celeiro, hai veciños que están máis que fartos do abandono ao que somete o goberno municipal a este ámbito urbano. O portavoz do PP, Óscar Rodríguez, reuniuse con residentes neste barrio e comprobou que a realidade demostra claramente que o Concello leva moitos anos sen facer un mantemento adecuado das infraestruturas e servizos nesta parte de Viveiro. Á vista da situación, os populares reclaman distintas melloras, para, entre outros obxectivos, evitar o risco que agora crea o derrube de parte da balaustrada do miradoiro.
Rodríguez lamenta a falta de interese do goberno municipal polo coidado da Atalaia. Lembra que no 2019 os populares xa presentaron un escrito no Concello avisando do mal estado en que se atopaba a balaustrada do miradoiro; a raíz dun recente temporal caeu parte dela, nunha zona na que habitualmente xogan os nenos. Rodríguez di que é urxente que se adopten as medidas oportunas para renovar a balaustrada e mellorar o pavimento, que ten moitas losetas mal asentadas.
O grupo municipal do PP considera preciso que o Concello elabore un estudo sobre o alumeado da Atalaia, co fin de repoñer as farolas que, unha vez feitas obras de melloras nos edificios, non foron instaladas de novo nas fachadas.
Por outro lado, os populares tamén demandan melloras no camiño que conduce ao porto dende a Atalaia. Neste caso, piden o desbroce das beiras, nas que actualmente hai abundante maleza. Igualmente, sinalan a necesidade de repoñer luminarias do alumeado, porque faltan algunhas e outras están avariadas.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



