Lugo, 9 de marzo. A área de Mocidade comunicou o remate das obras de renovación do parque infantil de Trabada, realizadas nos últimos meses en virtude dun convenio de colaboración entre a área dirixida por Mónica Freire e o Concello.
Os traballos levados a cabo nas últimas semanas permitiron renovar por completo esta dotación pública para o uso de crianzas e familias do concello mariñao. As actuacións incluíron a sustitución do pavimento por unha superficie de caucho e a instalación de diversos xogos para nenos de ata nove anos.
Ademais, a intervención permitiu mellorar a seguridade do recinto xa que se pechou o espazo cun valado que protexe os menores dos vehículos que acceden ao aparcadoiro próximo.
A deputada Mónica Freire sinalou que “co remate das obras, cumprimos o compromiso adquirido na sinatura do convenio de ter listas as instalacións de cara a primavera, cando se dan as mellores condicións para que os nenos desfruten do xogo ao aire libre polo tempo e polas horas de luz”.
A deputada nacionalista incidiu en que “desde a área de Mocidade concebimos estes espazos de ocio ao aire libre como un dereito da cidadanía, e especialmente das nenos e nenos, que precisan espazos de calidade e seguros para o xogo e a convivencia con iguais, máis aínda nesta situación de pandemia que nos tocou vivir”.
Mocidade destinou 16.200 euros á renovación do parque, realizada pola empresa pública Tragsa, na súa condición de medio propio da Deputación de Lugo.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



