Foz, 13 de marzo de 2021. O Concello de Foz organiza, coa colaboración da ACIA-CCA, unhas xornadas gastronómicas nos meses de marzo e abril, nas que investirá unha cifra total de 20.000 euros. Este programa de promoción parte das medidas de impulso á hostalería acordadas co sector, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Ademais o rexedor municipal recorda que “no pleno do mes de febreiro procedeuse á aprobación da derrogación da ordenanza fiscal de terrazas, co cal se elimina o cobro desa taxa durante un período dun ano, e anteriormente emitiuse un decreto eliminando o cobro das terrazas e do lixo durante o peche obrigado dos establecementos. O sector hostaleiro é un dos máis afectados pola pandemia e a pesar de que o organismo con competencias e medios – a Xunta de Galicia – é quen ten que indemnizar polas medidas de restricións impostas, os concellos tamén debemos axudar a un sector do que viven moitas familias e que é prioritario en Foz, sempre na medida das nosas posibilidades”.
O Concello colabora cos hostaleiros na compra das materias primas, maioritariamente de produtores locais, que utilizarán os establecementos para elaborar as distintas preparacións que servirán durante estas xornadas gastronómicas.
O concelleiro de Turismo e Actividades Económicas, Chema Linares, engade que “a pesar das restricións nos horarios, que esperamos que se acompasen ao estado epidemiolóxico nos próximos días – recordemos que Foz non tivo novos positivos nos últimos 14 días – poñemos en marcha estas xornadas gastronómicas. Repartidas en 4 semanas colabórase así cos locais que queiran participar, pertenzan á ACIA ou non, para poñer en valor a nosa cociña”.
O programa das xornadas resúmese nas seguintes datas:
Do 19 ao 21 de marzo: Xornadas do arroz
Do 26 ao 28 de marzo: Xornadas da Faba de Lourenzá
Do 1 ao 3 de abril: Ruta das tapas
Do 16 ao 18 de abril: Xornadas da Horta da Mariña
Os gobernantes municipais destacan que “como aliciente para os clientes, haberá premios por un total de 2.000 euros en vales de compra. Todos os mércores en Radiofoz procederase ao sorteo de 10 vales de 50 euros cada un, que poderán ser canxeados nos establecementos e locais de hostalería da nosa vila. O impacto económico destas xornadas estímase que triplique o investimento realizado e esperamos que constitúan un avance no programa de incentivos do Concello ao tecido produtivo e ao sector servizos”.
E o presidente de ACIA Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que o colectivo empresarial “colabora no obxectivo Impulsa Foz premiando a fidelidade dos clientes con 4.000 euros en vales de compra de 50 euros, que fan un total de 80 premios. Deses catro mil euros 2.000 van destinados ás xornadas gastronómicas e outros 2.000 ás comerciais”.
Ademais Paleo adiantou que ACIA-Foz-CCA “potenciará desde o 26 de marzo unhas Xornadas de Tardeo, con aperitivos, cócteles e copas; en Semana Santa levaremos a cabo unha campaña de Comercio na Rúa, con animación musical e ruta das tapas. Todo isto co obxectivo de dinamizar a hostalería con actividades e potenciar as compras no comercio porque xuntos somos máis fortes”.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



