NOTA DE PRENSA
González Barcia: “o alcalde dá pena. Tenta tapar a súa irresponsabilidade mentindo sobre a miña conversa con Blanco”.
“Moito falar de min, pero, ¿por onde vai pasar o corredor Barreiros-San Cibrao e cando se vai facer?”.
O portavoz popular afirma que o PP seguirá decindo o que pensa que tén que decir.
José María González Barcia, portavoz do GMPP de Burela, afirmou hoxe que “dan pena os argumentos do alcalde para explicar a visita de Blanco e da pena o propio alcalde, tentando desviar a atención hacia a miña persona pola pequena conversa que mantiven co ministro”.
González Barcia desexa clarexar primeiramente que “en ningún caso houbo pola miña parte ningún abordaxe; agardei a que o ministro chegase á miña altura, a medio camiño entre a rúa e o propio concello, deume a man e aproveitei para expresarlle brevemente a preocupación do PP de Burela sobre os máis que posibles recortes que vai levar a cabo Fomento e que poden afectar a obras que inciden en Burela. E teño que decir que o ministro escoitou atentamente hasta que o propio alcalde o agarrou polo brazo, levándoo con certa brusquedade, ainda que o ministro, nun xesto que o honra, deuse a volta para rematar a conversa. Máis ainda, na comparecencia ante os medios o propio Blanco citou implicitamente a nosa petición. Polo tanto, nada de abordaxe, nada de mala educación e sí moita imaxinación na mente do alcalde. Hai fotos e imaxes de televisión que acreditan que quen minte é o alcalde”.
González Barcia lamentou que o alcalde, unha vez mais, desvíe a atención hacia outra persoa, “neste caso, eu. O certo é que Blanco non deu datas de construcción do corredor Barreiros-San Cibrao, non deu datas para os tramos paralizados na A-8, e non confirmou que o edificio de Capitanía se vaia facer. Por non decir, non dixo que as alegacións de Burela sobre o corredor se terían en conta, e polo tanto a día de hoxe non sabemos por onde vai pasar. Tampouco houbo a tan cacareada reunión co ministro que o alcalde nos tiña anunciada. E esto é o que lle importa ós cidadáns, o realmente importante, e por desgracia o que xa forma parte do debe do alcalde, unha persoa absolutamente fracasada a nivel político nos tres anos que leva no cargo, e que nunca ten a culpa de nada”.
Alcalde fracasado, segundo Barcia, como o demostra que non sexa capaz de que a Deputación faiga as obras na travesía no Perdouro, ou que tente esconder o papelón que fixo na selección de persoal do Pacto polo Emprego, e que mesmo ainda non ordenou pagar os cartos que se lles adebedan ós clubes deportivos polas escolas municipais; o mesmo alcalde que tardou nove meses en pagar as axudas dos corenta euros”.
O portavoz do PP afirmou que “con estas manobras, o alcalde e o PSOE volven a tentar amordazarnos ó PP en xeral e a min en particular, a base de descalificacións persoais, que o único que demostran é que o alcalde e o PSOE están mui nerviosos. Nós temos a obriga de falar con todo o mundo, e eu como portavoz do meu grupo tamén, mesmo cos ministros, e de transmitir as inquedanzas dos veciños porque así o quixeron os cidadáns, que nos deron a maioría dos votos nas eleccións municipais de 2007”.
Barcia rematou indicando que “o alcalde é o menos indicado para falar de bos modales e de educación, porque ademais de mentir con respecto á visita de Blanco, nada se pode agardar de quen, sen ser nada, nin tan siquera candidato oficial do PSOE, chegou a colarse nunha comida coa entón conselleira Caride, e asistiu, sen que ninguén o invitara, a certos actos oficiais nos que participaron cargos da Xunta bipartita, insisto, sen ser nin tan siquera candidato oficial do PSOE. E se se atreve, que me responda: como se lle chama a quen así se comporta?”.











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



