Burela, 28 de abril de 2021. Academia A Mariña acaba de obter, da man de a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, autorización para a apertura e funcionamento do seu centro privado CPR A Mariña, no que ofertará para o próximo curso académico o ciclo formativo de grao medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, de 2000 horas de duración.
A directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, explica que “la competencia general del título que se obtiene con esta formación profesional consiste en atender a personas en situación de dependencia en el ámbito domiciliario e institucional, con el fin de mantener y mejorar su calidad de vida, realizando actividades asistenciales y no asistenciales, psicosociales y de apoyo a la gestión doméstica, aplicando medidas y normas de prevención y seguridad, y derivándolas a otros servicios en caso necesario”.
Hermida destaca que “el alumnado que, tras cursar este ciclo, obtenga el Título de Técnico en Atención a Personas en Situación de Dependencia, podrá ejercer su actividad en el sector de servicio a las personas, de carácter asistencial, psicosocial y de apoyo a la gestión doméstica, siendo las ocupaciones y los puestos de trabajo destacables los siguientes: cuidador de personas en situación de dependencia en instituciones y/o domicilios, cuidador en centros de atención psiquiátrica, gerocultor, gobernante o subgobernante de personas en situación de dependencia en instituciones, auxiliar responsable de planta de residencias de mayores y personas con discapacidad, auxiliar de ayuda a domicilio, asistente de atención domiciliaria, trabajador familiar, auxiliar de educación especial, asistente personal y teleoperador de teleasistencia”.
Becky Hermida engade que “las medidas establecidas en la Ley 39/2006, del 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en Situación de Dependencia, así como el aumento de personas de la tercera edad en nuestra sociedad, hace previsible una alta inserción laboral del alumnado que curse este ciclo. Del mismo modo, la disminución de cuidadores informales, en el ámbito familiar, derivada de la situación socioeconómica y laboral de las familias, redundará también en una mayor empleabilidad de las personas con esta titulación. Sin olvidar el fuerte crecimiento de servicios de atención diurna que todos observamos, lo que está requiriendo profesionales con mayor competencia y versatilidad en la realización de actividades de apoyo psicosocial. En definitiva, la asistencia para la autonomía personal, que aparece como sector emergente, exige profesionales con competencias relacionadas con este ciclo formativo”.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na que se autoriza a apertura e funcionamento do CPR A Mariña, en Burela, do que é titular Academia A Mariña. No devandito centro privado impartirase o ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia. Serán 2 unidades de 20 alumnos/ as cada unha.























Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.