Cervo, 11 de maio, 2021. A Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña verificou con éxito a implantación do Protocolo de actuación ante os riscos derivados do COVID 19 nos seus centros de traballo e establecementos públicos como son os CRPL e a Residencia, tras a realización da audiotoría externa por parte de APPLUS+.
Esta empresa certifica que o plan operativo seguro covid 19 é conforme aos requisitos do referencial de Hixiene e Control ante a Covid-19 vixente de APPLUS+ Certificación, e está implantado nas instalacións da Unidade Residencial de Cervo e tamén nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral.
Dita certificación está en activo ata o 29 de Abril do ano 2022, data na que terase que volver pasar por auditoría e así seguir con este selo.
María José Nóvoa, Directora Técnica Xeral de A Mariña: “quero dar as grazas a cada membro do meu equipo por ser tan exhaustivo no seu traballo e levar a cabo devandito protocolo que implantamos hai máis dun ano e grazas ao cal surfeamos a entrada do virus ás nosas instalacións. É para o meu unha gran satisfacción persoal o adquirir este selo, pois é un síntoma máis de garantía na atención a todos os nosos usuarios ante os seus familiares , Sergas e axentes externos”























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



