Lugo, 18 de maio de 2021. A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo pon en marcha unha nova edición do Musiqueando, orientado á difusión da música tradicional e popular. Desde este mércores, grupos tradicionais, corais e bandas poderán solicitar a súa participación a través dos modelos de solicitude dispoñibles en cultura.deputacionlugo.gal e anexados tamén á convocatoria publicada este martes no BOP. Asi mesmo, os concellos e asociacións interesados en programar actuacións deste catálogo tamén terán que solicitalo, a través das mesmas canles. O prazo para tramitalas permanecerá aberto, en ambos casos, até o 31 de maio
Un ano máis, Vicepresidencia farase cargo do importe total das actuacións, liberando aos concellos e asociacións culturais do investimento, como fixo no 2020. “Mantemos as novidades que incorporamos o ano pasado, en canto ao financiamento, asumindo o centro por cento do custo das actuacións, para apoiar o esforzo dos concellos e das asociacións por manter a actividade cultural neste ano no que vemos como a situación epidemiolóxica mellora pero no que temos que afrontar a pegada sanitaria, social e económica que da Covid 19” explicou a vicepresidenta e responsábel de Cultura.
Neste sentido, Maite Ferreiro destacou que “na hora de abordar a recuperación, non podemos deixar de lado a situación das bandas e dos grupos de música tradicional. Detrás delas hai sempre persoas a traballar para facilitar que na súa parroquia, concello ou comarca exista a xente poida estar en contacto coa música, a través de actividades culturais pero tamén formativas como clases de música e de baile. Desde a súa creación, na primeira etapa de goberno nacionalista na Deputación, Musiqueando contribuíu a consolidar este tecido asociativo que sen estar totalmente profesionalizado ten unha gran repercusión económica e social moi notable, e cremos que neste momento este pulo é máis necesario ca nunca”, sostivo.
A responsábel de Cultura lembrou tamén o balance do Musiqueando no 2020 no que, “malia a incertidume provocada pola situación sanitaria, desde a Vicepresidencia mantivemos a aposta por esta programación e logramos demostrar que a cultura é un espazo seguro, se se atenden as medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias, como fixemos, grazas á colaboración dos propios grupos e dos concellos”.
Convocatoria
Musiqueando está aberto á participación de todos grupos de música tradicional, corais e bandas que teñen a súa residencia ou sede social na provincia. O importe que reciben polas actuacións establécese en función do tipo de grupo e do número de integrantes, variando entre os 750 e os 2.500 euros. Os concellos e asociacións terán que programar as actuacións solicitadas desde o 3 de xullo até o 14 de novembro.
No caso de que as circunstancias sanitarias impidan celebrar as actuacións concertadas ao vivo, os grupos teñen a opción de facer unha gravación audiovisual que a área de Cultura difundirá a través das súas canles dixitais.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destina ao programa un total de 180.000 euros.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



