Lugo, 8 de xuño de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, entregaron este martes no Salón de Actos aos traballadores e traballadoras provinciais que completaron o plan de formación impartido pola institución para o procedemento de promoción interna horizontal o diploma que acredita a súa participación na acción formativa, á que accederon máis de 320 empregados e empregadas.
Esta foi unha acción pioneira na Deputación e tamén entre as administracións públicas galegas polas súas características, xa que estivo dirixida a favorecer a promoción horizontal dos traballadores, e polas súas dimensións e alcance, pois tivo acceso a metade do cadro de persoal da institución.
A entrega dos diplomas celebrouse hoxe en tres grupos e completarase o vindeiro xoves, dado o elevado número de participantes e como medida de prevención da Covid-19.
A formación dividiuse en tres niveis, en función dos grupos de clasificación profesional do funcionariado. Dende febreiro a maio, o cadro de persoal seleccionado para esta acción formouse en catro módulos sobre o funcionamento da propia Deputación, recursos humanos, procedemento administrativo e novas tecnoloxías.
A formación impartiuse de xeito telemático para favorecer a participación e extremar a prevención ante a pandemia da Covid-19. O temario desenvolveuse en 8 edicións simultáneas, que en total sumaron 320 horas.
O Presidente destacou “o compromiso claro da institución coa formación continua e de calidade dos traballadores e traballadoras co fin de dotalos de ferramentas para progresar na carreira profesional, e co fin de seguir mellorando o funcionamento da institución, para que sexa máis eficiente, áxil, próxima e útil á cidadanía”.
O mandatario provincial felicitou e agradeceu a resposta dos traballadores, “que é o mellor exemplo de profesionalidade e de compromiso por unha administración dinámica, moderna e en constante evolución”. “Seguiremos organizando accións de formación porque a Administración ten que estar sempre preparada para darlle a mellor resposta posible ós veciños e veciñas”, subliñou o Presidente.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



