Madrid, 10 de xuño de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana acometa as obras de construción do vial paralelo para o acceso ao porto de Mirasol en Ribadeo. A formación nacionalista cualifica como necesaria a actuación para dar entrada e saída ao fluxo de tráfico que circula pola actual vía de circunvalación e evitar que penetren o trazado urbano e reclama o compromiso do Goberno do Estado para a reposición do cruzamento do Camiño Norte de Santiago de Compostela.
Néstor Rego mantivo unha reunión coa equipa municipal do Concello de Ribadeo en que lle trasladaron a necesidade de que se retomen as xestións necesarias para a construción do vial paralelo para o acceso directo ao porto de Mirasol. Co gallo de solucionar os problemas de tráfico pesado que entra no núcleo de Ribadeo, hai anos foi tramitado un proxecto de obras complementarias para levar a cabo este vial que conectaría o tráfico da estrada da Deputación de Lugo e a glorieta da N-642.
Mais esta actuación quedou suspendida en 2008 por recibiren un informe desfavorábel da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza por considerar que o proxecto afectaba o trazado do Camiño Norte a Santiago de Compostela. A paralización acabou sendo indefinida a pesar de que o Ministerio, por aquel tempo, remitiu unha proposta de solución á afección do Camiño de Santiago. Un proxecto que contaba xa cunha partida orzamentaria específica e coas expropiacións feitas- retornadas logo aos seus propietarios- parece terse dado por fechado definitivamente polo Goberno do Estado.
“Nin a corporación local nin a veciñanza de Ribadeo entenden esta decisión que foi adoptada no seu momento sen realizar tan sequera unha comunicación do Ministerio ao Concello” subliña Rego. Anos despois, o Concello volveu dirixirse ao Goberno do Estado interesándose polo estado das actuacións e recibiron como resposta a confirmación de que non se realizara avance algún nin había intención de facelo.
En opinión do deputado nacionalista, “é urxente que o Ministerio retome o proxecto e acometa as obras para a construción desta importante vía de comunicación que sirva de entrada e saída aos fluxos de tráfico que circulan pola actual circunvalación”. Retomar o proxecto significaría “evitar a súa entrada no trazado urbano e especialmente cando estamos a falar de transporte pesado, agrícola ou forestal”.
Así mesmo, Rego urxe ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a solicitar novamente a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza con quen debe negociarse unha solución construtiva que salve os posíbeis reparos, destacando que existía xa un compromiso de “reposición do cruzamento do Camiño Norte de Santiago de Compostela, necesítase agora vontade política para chegar a un entendemento entre as dúas Administracións que poña por diante o servizo aos cidadáns e cidadás de Ribadeo”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


