Nota de Prensa
González Barcia: “choveu moitísimo, pero hai que tentar analizar as causas do que pasou con rigor”.
O portavoz do PP de Burela considera que o concello debe facer unha valoración de danos “seria”.
Os populares piden que se estudie o efecto da variante de Burela nas inundacións.
José María González Barcia, portavoz do GMPP de Burela, afirmou hoxe, en relación coas inundacións dos pasados días, que “choveu en Burela o que nunca choveu, pero hai que tentar analizar con moito rigor outras causas, non precisamene circunstanciais, senon estructurais, das inundacións”.
Barcia considera que o prioritario nestes momentos é tentar reparar os desperfectos causados polas choivas canto antes e facer unha valoración seria e con rigor dos danos sofridos nas instalacións públicas e nas casas e establecementos de particulares para poder pedir as axudas pertinentes.
O portavoz dos populares considera que “se están cargando interesadamente as tintas nun só aspecto das inundacións, e estamos esquecendo outras cuestións relevantes, algunha de carácter estructural. Por exemplo, o efecto que está a ter a variante sobre as distintas correntes de auga que existen no termo municipal de Burela”. Para González Barcia, nesta inundación houbo tres focos importantes: As Pasadiñas, sen dúbida o que máis relevancia tivo; a zona de Vila do Medio e Vilar, e a zona de O Perdouro.
“E nas tres, indicou Barcia, está implicada a variante, que evidentemente non é mala en sí, pero que coa súa construcción propiciou que as correntes de auga tivesen variacións”. Barcia destacou que a canalización do río, algo sobre o que se está a falar moito, non é a culpable da situación, porque desde o Hospital hasta a curva de Rivela a variante, pola parte de arriba, concentra toda a auga que vén do Castelo na zona, precisamente, das Pasadiñas. En cambio, o que pasou na Vila do Medio, co barrido total da Fonte da Lamela e do lavadeiro próximo, non tén nada que ver coas Pasadiñas e sí coa variante, xa que non é a primeira vez que acontece algo semellante, ainda que con menor intensidade, desde a construcción da mesma. Igualmente, afirmou Barcia, casas de Vilar tiveron problemas de inundacións estes días, e o motivo non é solo a auga que caeu, senón a variante”. Sobre este asunto, Barcia lembrou que hai catro anos houbo un embolsamento de auga na zona entre Vilar e Vila do Medio que os propios técnicos de Fomento atribuiron a posibles cambios das vías de escape da auga propiciados pola construcción da variante”.
González Barcia tamén dixo que as inundacions da zona de O Perdouro nada teñen que ver coas Pasadiñas, pero a variante está mui próxima, e o mesmo rego do Perdouro baixou totalmente desbordado como pasou hai seis meses, e por entón nada pasou nas Pasadiñas.
Pero o portavoz dos populares tamén indicou outra causa, neste caso circunstancial, engadida: o estado das pistas forestais do entorno do Monte Castelo, que segundo o portavoz popular non era o máis idóneo, o que propiciou o arrastre de materiais sólidos e restos de masa forestal.
González Barcia considera que a variante está a exercer “un efecto embalse, xa que axuda a deter as augas e os restos diversos que baixan e se arrastran desde o Castelo”.
Barcia considera que “desde o concello, ademais de facer unha avaliación e valoración dos danos seria, debe tamén facerse unha análise rigurosa das causas das inundacións”. E lembrou que “en Navia, en Asturias, se está cuestionando a estrada 642 por exercer un efecto semellante ó que está a facer a variante, como está sendo cuestinada a A-8 ó seu paso por Barreiros. E naide está en contra nin da variante de Burela nin da A-8, que está claro que de por sí son boas, pero haberá que analizar se a súa construcción está a favorecer estas inundacións e, de ser así, buscar posibles solucións”.
Finalmente, Barcia manifestou a solidariedade do Partido Popular con todos os afectados así como o recoñecemento do esforzo de todas as persoas que traballaron arreo para paliar os efectos das inundacións.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



