Foz, 16 de xuño de 2021. O Concello de Foz aposta firmemente pola Escola de Música Municipal Arcadio Mon, pero non pode asumir o que esixe a ANPA do centro porque está fora da lei.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Concello de Foz aposta firmemente pola Escola de Música Municipal Arcadio Mon, que aínda que tería que autofinanciarse, mantivo un desfase contable no curso 20-21 de 76.000 euros entre o que ingresaron as arcas municipais -taxas do alumnado, 26.000 euros- e o custo real da Escola -sen chegar a sumar gastos de funcionamento habituais como luz, auga, limpeza do edificio ou os investimentos propios que hai que realizar- ascendeu a 102.000 euros, só en salarios do profesorado. Estes 76.000 euros de diferenza son aportados con cargo aos orzamentos xerais, saen dos impostos de todas as veciñas e veciños de Foz. A pesar disto o Concello aposta firmemente por esta ensinanza, defende que nenas e nenos teñan a posibilidade de desenvolver o seu talento musical desde a base con profesores de calidade. Como mostra un botón: este curso 20-21 fíxose un esforzo adicional e ampliáronse as horas do profesorado máis que nunca, concretamente para o ensino de piano dispúxose unha persoa a tempo completo durante os 9 meses que dura a o curso da Escola”.
O rexedor municipal aclara que “estase a demandar pola ANPA da Escola de Música un apoio á dirección do centro. Podemos estar conformes con que son necesarias máis mans para mellorar o funcionamento da Escola e que siga medrando. Hai distintas opcións, como auxiliares temporais para axudar na tempada de matrículas ou noutras tarefas administrativas para descargar de traballo ao director do centro.
Tamén hai outras posibilidades, a través de acumulación de tarefas dalgún dos profesores e que se puxo en coñecemento da Escola. Sen embargo a demanda esixida pola ANPA dun profesor asociado á dirección a tempo completo durante 12 meses non se pode facer efectiva a día de hoxe, xa que non a contempla o organigrama do Concello e así nolo trasladou a secretaria. Mantivemos unha última xuntanza este luns coa ANPA, pero a pesar disto trasladouse unha mensaxe que non concorda coa realidade. A cuestión parte dun membro en concreto do profesorado que aspira a mellorar as condicións do posto temporal que obtivo no concurso. Fóra deste aspecto o Concello aspira a que a Escola siga medrando sen subir as taxas neste momento, xa que sería asumir por parte das familias un sobrecusto que non procede en plena crise económica derivada da pandemia. Tampouco creemos razoable subir impostos nestes momentos aos veciños de Foz. Hai que deixar claro que a Escola de Música non se veu mermada senón ao contrario, aumentáronse as partidas económicas e pese as dificultades de espazo para poder continuar coa docencia derivadas da pandemia, buscáronse e ofrecéronse alternativas. Neste sentido estou orgulloso do traballo feito desde o Concello, tamén por parte dos técnicos”.
Fran Cajoto rematou destacando que “o compromiso do Concello é firme e rotundo coa Escola de Música: o que se traduce das declaracións da ANPA non se corresponde coa realidade dos investimentos que o Concello está a facer. O compromiso segue aí, en aumento, e por todo ese esforzo non buscamos encomios nin recoñecementos persoais, pero si que non se falte á verdade”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



